Desde o grupo parlamentario de En Marea lamentan unha vez máis que Núñez Feijóo e seu goberno opten por continuar cun orzamento lesivo contra os intereses da maioría social mentres que o Produto Interior Bruto (PIB) do noso país está en máximos históricos. Fronte a isto, a porcentaxe do orzamento presentado pola Xunta de Galicia para 2019, está en mínimos históricos o que impide mellorar os servizos e incentivar a economía.

En Marea denuncia que o orzamento 2019 contén unha rebaixa de 2.412.171.740 de euros en termos reais, sobre o orzamento do 2009, polo que compre un incremento mínimo de 400.000.000 de euros nun plan plurianual que permita recuperar o nivel de investimento publico do 2009.

En relación ao gasto sobre o PIB, este orzamento contempla a maior baixada deste porcentaxe en toda a serie histórica dende 2009 en sectores concretos como na Sanidade cun 5,72 por cento de gasto sobre o PIB fronte ao 6,02 por cento do 2009. 0 mesmo acontece na Educación onde sitúase en 3,56 por cento fronte ao 3,84 por cento do 2009 sendo tamén o peor dato da serie histórica.

Nos dous ámbitos de maior responsabilidade de competencias o executivo de Feijóo prodúcese un forte incremento do recorte fronte a riqueza galega de forma absolutamente incomprensible e lesiva para a maioría social como sinalan desde En Marea.

No capítulo de impostos e recadación, En Marea insistiu en denunciar a insultante pretensión do Goberno galego de incluír a rebaixa do imposto do Patromonio para aquelas persoas que teñan máis de 700.000 euros, medida que atenta contra a propia Constitución ao impoñer un sistema de tributación regresiva en lugar de progresiva e que beneficiará unicamente aos amigos millonarios do Partido Popular.

Así mesmo, En Marea denuncia o incremento das taxas públicas, feito que obviou e obvia o Goberno galego na campaña de publicidade dos orzamentos, subidas que afectarán a sectores fundamentais no país como a pesca.

Noutro orde de asuntos, destaca o feito que na Lei de acompañamentos se recoñece un incremento dos permisos de maternidade pero unha vez máis esquece a necesidade de equiparación de permisos de maternidade e paternidade.

A Lei de acompañamento ademais introduce modificacións de enorme calado sobre as leis como a de Montes, a Modificación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia ou a lei de mobilidade de terras. Por este motivo, desde En Marea defenden que sería necesario optar por un mecanismo diferente a este trámite xa que impiden o debate e a participación dos conxunto do parlamento e sobre todo da cidadanía. Así, desde En Marea denuncian o“ mecanismo repetido continuamente polo Goberno galego de efectuar unha lei de acompañamentos Frankestein que afecta a un enorme corpo lexislativo do país que debería realizarse mediante outro proceso parlamentario que permitise o debate e a participación da cidadanía”.

Deja un comentario