O voceiro de En Marea, Luís Villares, manifestou o seu descontento co discurso de nadal do xefe non electivo do Estado, que “amosa unha vez máis que a monarquía española é unha institución anacrónica que ten que desaparecer”.

O certo é que única preocupación que ten o monarca, que expresa e pola que toma partido, ten que ver co debate político sobre a forma de organización da convivencia e que é consecuencia dunha tensión democrática por decidir a forma de organización política, algo que leva a pensar, como evidencia o propio Villares, que “a única das preocupacións que lle pon en risco o posto de traballo é a única pola que toma partido, pretendendo que a pulsión democrática por decidir a forma de organización política sexa un intento de dividir a sociedade. Decidir non pode ser dividir e debe ser saudado sempre en termos democráticos”.

En Marea lamenta que o resto de preocupacións que ten a sociedade española estivesen ausentes no discurso dun monarca que soamente as atendeu desde a neutralidade, a pesar de dicir defender os valores de convivencia.

O primeiro valor da convivencia debe ser a igualdade entre mulleres e homes e polo tanto “había que ter sinalado a aquelas forzas políticas de dereita que propugnan o machismo como bandeira de acción política, as políticas que, tamén desde a dereita, lle restan importancia ao cambio climático e que polo tanto actúan contra o noso medio e, finalmente, en clave de xustiza social, había que ter denunciado aquelas políticas que aumentaron no último decenio as desigualdades e que están creando unha precariedade crecente e a falta de oportunidades, especialmente para a xente moza. Estos son os valores de convivencia e faltaron no discurso dun rei que, como vimos perfectamente, solo estaba preocupado polo futuro do seu posto de traballo”, concluíu o voceiro.

Let’s block ads! (Why?)

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso directo? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA