«As palabras do alcalde de Vilanova son inaceptables e son unha mostra do machismo máis rancio que pode haber na política». Así falou Luís Villares quen se sumou á petición de dimisión do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, realizada por Helena Cores, concelleira de Gañemos Vilanova.

O voceiro de En Marea considera que en política «non hai lugar para estas actitudes e para este tipo de declaracións». No mesmo sentido, Luís Villares, explica que non «pode haber tolerancia dos partidos políticos cando os seus representantes teñen actitudes machistas».

Para Villares o alcalde de Vilanova de Arousa debe dimitir pero se non o fai «O PP e o seu presidente, Núñez Feijóo, debe pedir o seu cesamento e retirarlle a súa confianza». O voceiro de En Marea sinalou de que no caso de que o presidente da Xunta non queira actuar así «o PP convertirase en cómplice, en colaborador necesario de práctica machistas no ámbito da política local».

Luís Villares que no Partido Popular estas actitudes machistas non son novas, «pasou co alcalde de Noia e segue pasando co alcalde de Palas de Rei, que segue de alcalde malia ter sido condenado por acoso a unha secretaria municipal».

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario