Encontro, actualidade de Galicia

En Marea pedirá a máxima e máis rápida axuda para as vítimas e afectados pola explosión da pirotecnia en Páramos, no Concello de Tuí. Luís Villares, voceiro de En Marea, visitou a zona da explosión e falou con afectados e con responsables das equipas de emerxencia que están sobre o terreno. Villares, acompañado pola vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, sinalou que o primeiro de todo “é atender ás vítimas e aos afectados da maneira máis rápida e completa posible”. Villares explicou que En Marea estaba para prestar toda a axuda posible aos afectados.

O voceiro de En Marea sinalou que “axudar a calmar o sofrimento da xente” era a urxencia principal e que unha vez solucianado “habería que ver a maneira de que isto non volva suceder, como vén ocorrendo en Galicia ciclicamente”. Villares explicou en Páramos, que o primeiro asunto é que a Xunta de Galicia atenda as necesidades dos afectados dun xeito rápido e eficaz “sen poñerlle á xente afectada requisitos que son imposibles de cumprir”.

O voceiro de En Marea sinalou que temos que aprender dos erros que se cometen e tal como a xente protesta por non ter recibido as axudas polos lumes do verán pasado “Hai que esixir que as axudas para esta nova traxedia sexan rápidas e non pidan requerimentos que os afectados non poidan cumprir”.

Deja un comentario