O voceiro de En Marea, Luís Villares, reuniuse cos representantes das confraría de Malpica que expuxeron os problemas do porto e que desencadearon da traxedia do pasado mes de decembro. Entre as solucións que apuntan a longo prazo é modificar o sistema de correntes de entrada ao porto o que require necesariamente a construción dun espigón en ángulo a continuación do anterior. Esta actuación non é suficiente como sinalou o voceiro de En Marea xa que é necesario tomar medidas a curto prazo que permitan incrementar a entrada e saída ao porto que se efectúa por medio dunha comporta que ten que ser rebaixada para ao seu tempo rebaixar un escalón que está situado xusto debaixo da mesma e provoca unhas correntes que fan que os mariñeiros teñan que loitar tanto na entrada como na saída coas correntes coas súas embarcacións.

“É necesario incrementar a seguridade de xeito inmediato polo que esta obra debe executarse de maneira inminente” declarou Luís Villares.

Desde o grupo de En Marea comprometéronse a levar ao Parlamento de Galicia as súas demandas para lograr que a obra se realice no menor prazo de tempo posible.