Redacción Galiza | En Marea

O voceiro de En Marea, Luís Villares, preguntou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, polos motivos polos que o Goberno galego deixou sen gastar 132 millóns de euros en políticas de emprego sen gastar pese a “traxedia laboral” que está a vivir Galicia desde a súa chegada á Presidencia. O balance desde 2009 arroxa un saldo “preocupante e tráxico” con 140.000 ocupados menos e 63.000 desocupados máis. Galicia é ademais a quinta comunidade onde máis emprego destruíuse e a segunda onde menos emprego se está a crear.

A estas cifras súmase tamén a elevada taxa de precariedade cun 89 por cento do traballo creado é temporal o que nos sume na “ditadura do precariado” e con baixos salarios, un 30 por cento de salario menos que o indefinido. A alta taxa de siniestralidade laboral foi outro dos datos sinalados polo voceiro de En Marea que segundo os datos oficiais publicados, incrementouse en Galicia nun 9 por cento e duplicando a taxa estatal de mortalidade.

Nesta situación o Goberno galego para o grupo de En Marea debería promover leis e políticas públicas que promovan a creación de emprego de calidade. “Pero non hai políticas de emprego sen orzamento” destacou Villares denunciando que o Goberno galego deixou sen executar 132 millóns de euros en políticas de emprego no pasado ano. Existen catro partidas especialmente importantes como é a mellora da empregabilidade cun grao de execución do 56 por cento, partida para o emprego autónomo cun 60 por cento, a formación profesional de desempregados onde só gastaron o 49 por cento, e por último, a partida para formación profesional de ocupados onde so se executou o 7 por cento do orzamentado.

O voceiro de En Marea n quenda de réplica lamentou a falla de concreción do presidente da Xunta de Galicia que unha vez máis tratou de evitar responder ás preguntas do grupo parlamentar tratando de confundir e manipular os datos. Villares insistiu na súa pregunta ao presidente da Xunta para que explicase os motivos que levan ao seu goberno a ter unha media de execución do 57 por cento, e non se trata de algo puntual senón que é unha constante desde a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta.

“Non cre que sería positivo que se executaran os 132 millóns de euros que quedaron sen gastar para sacar adiante políticas públicas mellorar e loitar contra o drama laboral do noso país” concluíu o voceiro de En Marea.

Deja un comentario