ARES 26 de NOVEMBRO  de 2019.-  En Marea reclamou fronte ao lugar no que está varado o Blue Star as medidas que se deben tomar para retirar o barco da súa situación e para conseguir que estes episodios non volva a repetirse. Fundamentalmente, En Marea considera imprescindible retirar o combustible que está no barco e, a partir daí, que sexa a empresa resposable do barco a que asuma os gastos derivados de todas as operacións para retiralo. Tamén é necesario unha nova regulación que evite novas situacións como a deste buque. Luís Villares visitou as inmediacións do Blue Star en compañía de Julio Iglesias, alcalde de Ares. Villares ofreceu o apoio de En Marea á cidadanía de Ares e a colaboración para conseguir un amaño a esta situación.

Luís Villares asegurou na súa intervención diante dos medios que non se entenden moi ben que en na mesma contorna na que está o barco “haxa dous portos exteriores que en teoría terían que servir para dar abrigo aos barcos, pero que no práctica non o fai”. Sinalou o voceiro que hai que ver por que “está sucedendo isto e por que os riscos acaban sempre na ría”.

Para En Marea é fundamental que haxa unha investigación “independente e transparente”, “queremos unha investigación fiable para que se saiban as causas e se poida evitar que volva suceder”. En segundo lugar Villares sinalou que a administración española debe “esixirlle ao armador deste buque todos os gastos derivados da situación, non só os da retirada do buque, senón tamén os resultantes de paralización da actividade económica para os pescadores da zona”.

Para o medio prazo, sinalou o voceiro de En Marea que é necesario que Galicia se “dote un sistema máis amplo e eficaz sobre a inspección dos buques na ría para evitar a piratería da navegación de barcos que non teñen condicións correctas”. No mesmo sentido considera que é necesario que o sistema de aseguramento dos buques permita que as medidas cubertas por estes seguros estean dispoñibles desde o primeiro minuto e a execución das coberturas  non retrasen operacións chave para momentos en crise”.

En canto a situación do Blue Star encaiado na Ría de Ares, En Marea puxo o foco da responsabilidade no presidente da Xunta de Galicia, co matiz de que “a transferencia da competencia non vai mudar substancialmente a forma de abordar un sinistro se Feijóo é presidente”. O voceiro solicitou tres accións prioritarias para evitar máis complicacións: “que armadora asuma os custes dos traballos de rescate ata o momento, que se investiguen as causas do varamento e que se baleire de combustible antes de ser desvarado polos técnicos holandeses”.

En Marea lembrou que hai plans de salvamento aprobado, hai máis medios e houbo un cambio substancial da normativa europea: “o fundamental é que a Administración vixíe para evitar riscos ambientais: Que o plan de rescate que presente a compañía sexa viable e seguro”.

Let’s block ads! (Why?)