Considera imprescindible anular todas as condenas políticas do franquismo, comezando pola de Alexandre Bóveda

Santiago, 24 de outubro de 2019.-  En Marea considera que a exhumación dos restos de Franco do Valle de los Caídos “chega tarde, pero é boa noticia”. O  voceiro desta formación, Luís Villares, considera tamén que “unha vez que esta exhumación está finalizada sería necesario continuar na mesma liña e continuar co resarcimento das vítimas do franquismo”.

Luís Villares apuntou que era necesario que o goberno tome novas decisión para continuar na mesma liña da exhumación de Franco. Para En Marea é necesario “exhumar todas as fosas comúns e entregarlle os corpos ás familias e, como sucede no caso do ditador, con cargo ao Estado”.

Tamén considera necesario o voceiro de En Marea, que se anulen todas as sentenzas de condenas políticas do franquismo “comeando por Alexandre Bóveda, unha anulación que leva sendo reclamanda desde hai anos”.

No mesmo sentido de ir eliminando do presente da cidadanía a persistencia dos restos da ditadura franquista, a proposta de En Marea é recuperar “sen indemnización todos os bens expoliados polo franquismo e os seus mandatarios” e, en sentido similar, “poñer fin aos privilexios da Igrexa Católica instaurados pola ditadura”.

Luís Villares apuntou a outra dúas medidas que continuarían a exhumación do cadáver de Franco. A primera delas é a investigación dos nenos roubados durante a ditadura e facilitar os medios para que poida coñecer as súas orixes e as súas familias. Ademais, considera o voceiro de En Marea que é necesario continuar cos cambios de nomes das rúas que conservan a memoria do franquismo e tamén “retirar das cidades galegas os monumentos que manteñen o recordo da mesma”.

Let’s block ads! (Why?)