En Marea pregunta canto tempo máis vai manter Núñez Feijóo ao Conselleiro de Sanidade no seu cargo despois de se coñecer que o SERGAS defraudou máis de 23.000 euros nun ano á Seguridade Social

Desde o grupo parlamentario de En Marea preguntáronse canto tempo máis vai a manter o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Jesús Vázquez Almuíña á fronte da Consellería de Sanidade despois de se coñecer a nova de que o SERGAS defraudou 23.000 euros á Seguridade Social nun ano. A principios deste mesmo mes o grupo de En Marea rexistrou diversas iniciativas referidas ao feito de que o SERGAS non estivese a contratar profesionais eventuais nos días libres das fines de semana cursando contratos temporais cunha precariedade laboral elevadísima so durante a xornada que cubrín dos outros profesionais aforrando os días libres, algo que a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, valorou coma unha “absoluta fraude” como ten denunciado o Xulgado do Contencioso e que hoxe coñeceuse a suma da inspección de traballo.

O 4 de outubro o SERGAS contestaba por escrito que o que existía era unha discrepancia entre o xulgado e o propio SERGAS e que non procedía manter de alta os días libres ou as fines de semana a estas traballadoras e traballadores eventuais. “Estamos ante unha actuación vergoñenta que non respecta os mínimos laborais” denunciou Eva Solla.

“É unha vergoña que teñamos que levantarnos coa nova de que o SERGAS defraudou a Seguridade Social máis de 23.000 euros nun ano, é dicir, non só non paga os salarios nos días libres senón que deixa de cotizar e polo tanto defrauda ao que é de todos e de todas” lamentou a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea que rematou que se remate con esta situación de fraude continua e precariedade laboral.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario