Os deputados de EM presentaron unha media de 60,2 PNL cada un, mentres que os do PP só presentaron desde o pasado mes de xullo unha media de 2,9

Santiago, 19 de decembro de 2019.-  O grupo parlamentario de En Marea avaliou o seu último exercicio parlamentario que abrangue desde o pasado mes de xullo ata a finalización do presente exercicio nestes días. Os resultados numéricos indican que, con diferenza e proporcianalmente ao seu traballo, foi a forza política con máis actividade lexislativa. Destacan sobre todo as nove Proposicións de lei presentadas desde o pasado mes de xullo, un apartado que a maior parte dos grupos da oposición deixaron deserto.

Luís Villares como voceiro, Ana Seijas como vicevoceira e o deputado Davide Rodríguez, presentaron estas cifras que segundo Villares “demostran ben cal é o programa e actitude política de En Marea tanto nas preocupacións pola cidadanía como na actitude con respecto ao traballo parlamentario e lexislativo. Villares subliñou no almorzo informativo cos medios que é moi destacable o número de PNL presentadas, 241, tendo en conta que é En Marea “é a formación máis pequena do Parlamento” e sinalou que isto se “apreza mellor ao ver cantas iniciativas se presentaron por cada un dos deputados dos grupos”. En Marea presentou desde o pasado mes de xullo 60,2 PNL´s por cada deputado, no outro lado, cada deputado do PP presentou só 2,9 iniciativas por deputado neste período.

Para Luís Villares as cifras deste exercicio demostran que pese a que o carácter formal do grupo parlamentario sexa o grupo mixto “en realidade non operamos como tal, somo un grupo político que traballamos como tal e quizais o Parlamento de Galicia debería distinguir nos seus procedementos entre un grupo mixto e un grupo como o que forma En Marea”.

No encontro informativo o voceiro de En Marea salientou que as nove proposicións de lei presentadas significan “lexislar para mellorar a vida da cidadanía”. As liñas que marcan esta nove propostas de lei sinala os camiño programático de En Marea, “propuxemos leis para a xustiza fiscal, para que que quen máis ten pague máis e poindan serguirse prestando servizos como o paritorio de Verín”. Lembrou Villares que se presentaran leis como a da “rebaixa do IVE para os produtos de hixiene feminina, finalmente aprobada, que significa un beneficio real e práctico para combater unha desigualdade que padecen as mulleres”.

Pola súa parte, a vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, sinalou que o traballo do grupo parlamentario “é o expoñente dunha organización que ten unha preocupación política moi marcada polas tres grandes emerxencias que vive Galicia”. Referiuse Seijas á emerxencia climática, á emerxencia feminista e tamén a da xustiza social.

Let’s block ads! (Why?)