O Informe do Consello de Europa considera que a Xunta está sendo desleixada co coidado do galego e cunha política lingüística que o protexa

Santiago, 13 de decembro de 2019.-  En Marea proporá no Parlamento de Galicia a derrogación da lei do plurilingüismo trala constanción do seu fracaso e do informe negativo emitido pola Unión Europea sobre a situación do galego en Galicia.

O Consello de Europa sinala nun Informe o desleixo que ten a Xunta co idioma galego e a política lingüística, no que igual que xa fixo nos anos 2012 e 2016, censura as actuacións da mesma no ámbito do ensino e a perda de persoas galego-falantes no noso país. Este informe sinala que a aplicación da protección do galego en Galicia non mellorou despois do último ciclo de seguemento e os estudos de carácter sociolingüísticos resaltan en todos os casos un baixo número de falantes. Tamén sinala o informe que a transmisión xeracional da lingua non está garantida e a proporción de estudantes que dominan e usan a lingua a diario minguou de maneira considerable.

Para En Marea é necesario un esforzo para reverter unha situación que non ensino é especialmente grave. A  presencia do galego é insuficiente no ensino, en particular no nivel de preescolar, as principais materias científicas non se ensinan en galego nos centros de secundarios. Con respecto á educación superior o 23%  dos cursos ofrécense en galego, cunha proporción arredor dun 30% na universidade. Para o ensino non universitario, a regulación en vigor non permite asegurar máis do 50%  de cursos en galego. Non é posible propor un programa de ensino en galego nun establecemento do nivel de preescolar, primaria ou secundaria. O decreto 79/2010 que define a materia que teñen que se ensinadas en galego, excluída a posibilidade de aplicar un programa de ensino segundo o que o galego será a lingua de ensino e o castelán estudiado como materia.

A proposta de En Marea para tentar reverter esta situación teñen que ver coa eliminación de todas as restricións impostas polo decreto de plurilingüismo, propoñendo a súa derrogación inmediata. Para En Marea tamén é importante que se fagan públicas as avaliacións dos responsables de materias docentes así como o uso do galego en materia de ensino.

Na batería de medidas que propón En Marea  tralo informe negativo de Europa sobre a situación do galego en Galicia, unha das fundamentais é que se garanta o uso do galego como lingua vehicular do ensino agás nas linguas estranxeiras, desde as garderías ata FP, incluíndo primaria, secundaria e bacharelato.

Fóra do ensino, tamén propón En Marea que se garanta o uso do galego como lingua vehicular por parte do corpo de Letrados da Xunta de Galicia nos informes escritos administrativos e nos procedementos xudiciais que ordinariamente se desenvolven en Galicia.

Let’s block ads! (Why?)