En Marea lembrará hoxe, no Día internacional da xustiza gratuíta, a necesidade de que asistencia se universalice atendendo tamén a aqueles colectivos que na actualidade non teñen garantidas as asistencias necesarias cando son vítimas de delitos. Entre as reclamacións que En Marea fará no Parlamento de Galicia hai dúas para a protección e a asistencia legal que agora non se están ofrecendo.

En primeiro lugar, En Marea quere que a Xunta de Galicia preste asistencia letrada gratuíta a todas as vítimas de violencia machista de xeito inmediato en todos os partidos xudiciais de Galicia, de maneira que esta asistencia se preste previamente á interposición da denuncia por parte da vítima. Para En Marea é importante que está cobertura se ofreza de xeito inmediato e en todo o territorio galego para que ninguén quede sen contar con este apoio e para as vítimas teñan garantido un acceso á xustiza.

O grupo parlamentario de En Marea tamén pide que ese acceso universal á xustiza se cumpre en casos como as vítimas de delitos que non son naturais de Galicia. Neste caso, En Marea pide á Xunta que garanta a dispoñibilidade de intérpretes de linguas estranxeiras para a atención a estas vítimas. Esta cobertura tería que ser completa, é dicir: antes e durante toda a tramitación do procedemento.

Estas son dúas das medidas urxentes que a Xunta debería acometer para que o acceso a xustiza non sexa diferente para unhas persoas ou outras en función da súa orixe ou do seu lugar de residencia.

Deja un comentario