Villares fai un chamamento as forzas galegas a comprometerse de xeito inmediato para desterrar a posibilidade dunhas terceiras eleccións.

En Marea abrirá mañá a sesión plenaria do Parlamento Galego cunha PNL para que un goberno en funcións poida garantir que o réxime económico das comunidades autónomas funcione con normalidade.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, valorou esta mañá os resultados electorais “coa lexitimidade de ter adoptado a decisión de non concorrer puntualmente a estas eleccións para evitar un fraccionamento do voto progresista galego que puidese propiciar o avance das dereitas en Galicia”.

Villares comezou chamando ás forzas políticas galegas a comprometerse de xeito inmediato coa formación dun novo goberno no Estado e desterrando a posibilidade dunhas terceiras eleccións, un chamamento dirixido a todas as forzas progresistas galegas con representación no Estado,  dirixido especialmente a Caballero e a Sánchez que “deben decidir inequivocamente en que bando xogan, se no do progreso social ou no do tacticismo partidario que fai avanzar a extrema dereita”.

O voceiro salientou tamén o avance da extrema dereita, “un castigo a soberbia política” das forzas e dos líderes que pensaron antes nos intereses particulares que no benestar das persoas: “agardamos que este aviso fose suficiente para recuperar a humildade e altura de miras que calquera partido de esquerdas debería ter”.

Por último, no tocante as eleccións a nivel estatal, destacou a evidencia da plurinacionalidade do Estado é unha realidade sociolóxica e electoral: “existe e ten un reflexo electoral claro e a gobernabilidade progresista pasa polo recoñecemento desa realidade democrática para ampliar as liberdades individuais e recuperar dereitos sociais. As forzas representativas desa plurinacionalidade son clave para o progreso social e democrático do conxunto do Estado, e os partidos estatais deben asumir e normalizar esa situación á maior brevidade posible, para desbloquear a situación actual”.

En canto a realidade da situación política galega, Villares destacou que a análise da situación feita por En Marea foi correcta e que a “dolorosa, pero xenerosa, valente e responsable” decisión de non presentarse puntualmente a estas eleccións “foi determinante, seguramente da ampliación da victoria progresista por número de escanos en Galicia.
É loxico pensar que o aumento da abstención entre o electorado progresista denota un descontento coa oferta partidaria, e “debe facernos reflexionar sobre a conveniente presenza unitaria dende a diversidade, idea e vontade que a cidadanía premia cando se lle presenta, como sucedeu no seu momento co xurdimento da Marea e que era precisamente o que formulamos meses atrás coa candidatura progresista galega”.

Do mesmo xeito é totalmente apreciable que o Partido Popular volveu converterse en primeira forza política de Galicia, aglutinando o voto conservador, polo que En Marea quere emprazar a todas as forzas progresistas galegas a unha reflexión honesta para “construír unha alternativa capaz de derrotar a Feijoo e abrir unha primavera social e galeguista en 2020, que atenda ás emerxencias feminista, ambiental e social que vive o noso país. Nós dende EM xa demostramos altura de miras e saber actuar con responsabilidade. Así o seguiremos facendo. Agora esperamos das demais forzas progresistas que fagan o mesmo”.

SOBRE O DESBLOQUEO DAS CONTAS AUTONÓMICAS EN SITUACIÓN DE GOBERNO EN FUNCIÓNS

En Marea abrirá mañá a sesión plenaria do Parlamento Galego cunha Proposición de Lei onde se postula a modificación da Lei do Goberno de España para permitir que un goberno en funcións tome as disposicións normativas necesarias para que o réxime económico das comunidades autónomas funcione con normalidade.

Villares lamentou que a situación de goberno en funcións sexa cada vez máis frecuente: vímolo nos últimos catro anos e quen sabe o que nos queda por ver” e por iso, “porque o Estado das Autonomías non pode estar hipotecado a que haxa un goberno no Estado” e rematou explicando que é unha proposta neutra e que agarda o apoio do resto de grupos porque é “ a solución de En Marea é boa para todos.  Somos a primeira forza política nacional que presenta negro sobre branco unha iniciativa lexislativa para resolver este problema. Unha proposta responsable e pensando no ben común, para sacar o financiamento dos servizos públicos, que garanten dereitos, da chantaxe da repetición electoral”.

Let’s block ads! (Why?)

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario