Santiago, 16 de decembro de 2019.

Coa escusa de que a designación de cadeiras en Meaño está xudicializada, Gonzalo Durán evitou convocar o pleno da mancomunidade onde debe elixirse o presidente, provocando unha anomalía democrática na que que contan como membros da mancomunidade persoas que xa nin son concelleiras.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, solicítalle a Rueda e a Feijóo que “desautoricen o bloqueo á Mancomunidade do Salnés que Gonzalo Durán quere impor en toda a comarca. Un bloqueo que se fai por uns intereses particulares i espurios do alcalde de Vilanova que van en contra de toda a cidadanía do comarca do Salnés”.

A semana pasada sóubose que a falta de contas na mancomunidade, para o cal fai falla ter o goberno elixido e funcionado, fai perigar unha axuda de 1.000.000€, que van destinados a entes como como o CIM, ou a programas de emprego o que, segundo Luís Villares “supón un ataque frontal tanto a igualdade de mulleres e homes como ás oportunidades da mocidade poida conseguir emprego nesta comarca”.

Ante a delicada situación a secretaria da mancomunidade convocou o pleno para este luns, un pleno onde o PP perdería o control do órgano. A reacción dos populares foi anunciar hoxe que non van a ir a ese pleno, rebentando a mancomunidade e ameazando con crear un ente paralelo.

Let’s block ads! (Why?)