A agrupación local considera como prioritario recuperar o camiño de Santiago polo concello xa que atraería propostas empresariais e xeraría decenas de postos de traballo duradeiros no tempo.

Dito informe inclúe a necesidade de restauración do camiño histórico Arzúa-Quión-Amenal e a súa recuperación como camiño de peregrinaxe a Compostela.
A formación local defende que o concello, como parte interesada no procedemento, debe completar as alegacións que presentou no seu día mediante a inclusión das recomendacións do informe de ICOMOS e tendo en conta as últimas informacións aportadas por Cobre San Rafael respecto ó proxecto mineiro, e dí que de non facelo o concello entraría nunha situación de desleixo por parte do Alcalde.
Así mesmo, En Marea Touro recórdalle ó goberno local que o patrimonio histórico-artístico é unha competencia propia do concello tal e como se establece no CAPÍTULO IV, SECCIÓN 1ª, Artigo 80.2.e da Lei 5/1997, de 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia e que, por tanto, ten responsabilidade á hora de defender, preservar e promocionar o camiño histórico Arzúa-Quión-Amenal ó seu paso polo concello, así como o resto de bens patrimoniais que se puidesen ver afectados pola actividade mineira.
O goberno galego responderá no parlamento a esta proposta
O grupo parlamentar de En Marea levará ó parlamento galego unha serie de iniciativas relacionadas coa conservación e posta en valor do camiño francés ó seu paso por Touro. A primeira delas será unha pregunta urxente que terá resposta ó longo deste mes, e na que se verá cal é a postura do goberno de Feijóo, e se aposta ou non polo futuro da comarca de Arzúa.

Deja un comentario