Solla, lembrou que o seu grupo leva anos reclamando a ampliación do centro hospitalario de Ferrol con peticións tan simples como ter un baño dentro da habitación e ampliar dotación dos servizos sanitarios. Unha ampliación que non pode ser a costa dunha empeoramento dos accesos ao hospital e a anulación de aparcadoiros. En Marea ten manifestado en diversas ocasións a súa oposición de optar por aparcadoiros privados. Neste caso é ademais o segundo máis caro dos aparcadoiros de hospitais de Galicia.
Desde En Marea consideran necesaria ademais a implicación da Consellería de Educación e Política Social que deberían tamén interesarse na mellora estes accesos.
Por todo isto, o grupo parlamentario de En Marea pedirá á Xunta que revise o convenio co aparcadoiro polo que consideran uns prezos abusivos. O Concello pola súa banda está a traballar na construción dun aparcadoiro disuasorio pero mentres non é unha realidade non poden ser os doentes e traballadoras e traballadores do hospital os que teñan que pagar prezos desorbitados por aparcar o seu vehículo.