ENCONTRO ENTRE A ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL ADQUIRIDO DE COMPOSTELA SARELA E BASCUAS*.

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Compostela, Sarela, mantiveron un encontro no que trataron as demandas, inquedanzas e distintas problemáticas que está a vivir os usuarios da asociación. Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual e os diferentes problemas cos que se atopan no día a día dende Sarela. Dende a Asociación de Dano Cerebral Adquirido (DCA) apuntan que a realidade na que realiza o seu traballo hoxe supera as competencias municipais, dependendo do goberno do Estado e da Xunta, pero apuntan que dende a política local pódese impulsar medidas concretas para mellorar as situación das persoas do colectivo DCA do Concello. Dende Sarela piden a dotar de contido ao Consello de Participación de Servizos Sociais, para canalizar as demandas dos distintos colectivos do Terceiro Sector.

Ao mesmo tempo, tamén apuntan a necesidade de reducir a atención dos servizos sociais municipais que na actualidade está en 30 días (ás veces dous meses). De igual modo, apostan por promover o acceso das persoas con discapacidade ao lecer e á cultura, eliminando as barreiras físicas e sensoriais.

A mobilidade é outro dos elementos de interese da Asociación, xa que sinalan a necesidade de mellorar a ratio de taxis adaptados en Santiago e dar continuidade a iniciativa do bono taxi.

Promover a linguaxe inclusiva nas instalacións municipais é outro dos conpromisos bos que a día de hoxe aínda queda moito traballo por facer.
Dende Compromiso asumen como propias as reivindicacións que fan dende Sarela e trasladan os seus parabéns pola súa labor o longo destes vinte anos.
Segundo Bascuas, “Sarela é unha referencia, non só na cidade, senón tamén en todo o país, cunha entrega e un labor que non coñece límites”; e engade “o DCA pode afectar a calquera de nós en calquera momento; non ser parte desta causa e ser insolidaria coa nosa sociedade e con nós propios”.

Deja un comentario