Victoria Portas Mariño, relacións laborais e experta en Seguridade Social, coñecida por todas por ser a Voceira da Coordinadora estatal en defensa das pensións públicas ata xaneiro do 2019 e membro do Movemento Galego en Defensa das Pensións, presentase na candidatura de ACE as eleccións Municipais do Concello de Cangas no número dous.
Por que se presenta por ACE e por que as municipais?
Eu levo anos defendendo a coalición de esquerdas, a cidadanía así o demandamos e moito máis cando o resultado para as persoas está sendo tan bo, por exemplo no noso veciño Portugal.
ACE é esa coalición, froito dunha reflexión e acto de responsabilidade cara a nosa veciñanza, onde se desexaba un cambio, conseguir renovación, iniciativa, ilusión, perspectiva feminista, social e competencia, porque non calquera vale para xestionar os diñeiro de todas e todos. Onde as que formamos parte desta coalición como independentes contamos, sen cuotas e con un proxecto que nós mesmas estamos construindo, dende diferentes posicións sociais e con un cambio de ideas que pode ser determinante. Mezclar experiencia con renovación non só pode estar escrito nun programa eleitoral senón que ten que ser real e palpable, e ACE é real e palpable.
E na política municipalista porque sempre defendín que os cambios se fan dende a base, e conseguiranse se as bases se implican, creo que Cangas pola súa historia polo seu sentimento pode ser moito máis do que xa é, e pode ser un exemplo e referente cara unha forma diferente de facer pobo, de facer país.
Cal é o voso proxecto para Cangas e o voso proxecto Estrela?
Máis que un proxecto é un ideario estrela, que é gobernar para todas e todos dende un proxecto transversal, rematar coas parceliñas das diferentes áreas e pensar na veciñanza de Cangas como parte deste proxecto como un conxunto, onde todas e todos poñamos unha man para que ninguén quede atrás.
O camiño é a igualdade e a integración interxeneracional coa colaboración imprescindible das veciñanza, volveremos o troco social como filosofía de cremento e autoestima.
O proxecto é chegar a inversión en servizos sociais de 100€ por habitante, é que os nosos maiores e os nosos dependentes poidan ter unha vida activa e non aislados do resto , o que implica mellora da axuda a domicilio outro tipo de entendemento dos centros de maiores, maís actividades lúdicas e imprescindible actividade deportiva que lles axude a sentirse mais dinámicos, a loita continuada polos nosos centros de saúde, do noso CAR , é que a xente nova poda conciliar a súa vida laboral familiar e de ocio, que non teña que emigran, crear unha bolsa de emprego, de promoción dos nosos productos e si Cangas é algo é deporte e medio ambiente, ámbos esenciais como claves de integración, igualdade , creación de valores e eixes da nosa economía local… por todo elo non pode haber un único proxecto estrela, o proxecto estrela é coidar a nosa xente coa axuda da nosa xente.
Como compatibilizar lei de racionalización e estabilidade orzamentaria coa gobernabilidade?
Estes anos foron os maís duros respeito a conseguir o camiño para compatilibizar o teito de gasto coa gobernabilidade, esta lei foi a práctica anulación da autonomía municipal tanto no ámbito do persoal como na da planificación e execución económica, pero non impidiu marcar a folla de ruta que si a veciñanza nos da a súa confianza seguiremos.
Por un lado ACE fai catro anos fíxose cargo dun concello con aproximadamente 15 millóns de débeda e neste intre dito plan de axuste xa está pendente de aproximadamente 7 millóns, e aínda que o Plan de Axuste está marcado para rematar no 2023 a nosa prioridade é poder pechalo no 2021.
E un dos motivos é que precisamos ser libres na xestión dos nosos recursos e dos nosos residuos, é prioritario para nós unha xestión dos nosos recursos que supoña unha mellora dos servizos e que repercuta positivamente no bolsillo da nosa veciñanza. Servizos básicos como o Ciclo Integral da auga, o recollidas dos residuos orgánicos e ter un plan de eficiencia enerxética 100% sostible e compatible co noso medio natural, son esenciais e que ata o de agora a herdanza da débeda e as liticitacións imposibilitounos poder levalos a cabo, pero si seguimos na mesma senda de responsabilidade o Plan de axuste pode rematar en dous anos e ahí ninguén poderá paralizar a recuperación dos nosos recursos.
Que idea ten ACE sobre a paridade das mulleres nas institucións?
En ACE temos o 60% de presenza feminina, non só nos dez primeiros postos, senón en toda a candidatura. As mulleres chegamos para quedarnos, non entendemos a vida social e municipal sen a nosa presenza. Queremos unha vila para as mulleres.
Isto debe ser unha carreira de fondo, as mulleres debemos involucrarnos cada vez máis, empoderándonos en todos os eidos sociais, mais especialmente nas institucións: nos queremos decidir e gobernar.
Que opina do financiamento municipal de luz e auga quente a familias en exclusión?
Non só pode ser auga e luz. Os servizos sociais dos concellos deben cubrir primeiro as necesidades básicas de calquer familia en exclusión social pero tamén cubrir outras necesidades que poidan parecer non básicas pero sí imprescindibles para integración, a valoración persoal e a autoestima. O acceso a formación, ao deporte a cultura non pode estar limitado a aqueles veciños que poden aboar as súas entradas, todo debe ser proporcionada en función dos ingresos ou carencia dos mesmos de cada unidade familiar.
Por todo é tan indispensable que os concellos se conciencien na necesidade urxente dun Plan Integral contra a Discriminación e a Pobreza tan demandado polos movementos sociais e que apoio o cento por cen.
Que proxecto ou idea faríache mais ilusión levar a cabo ou terminar?
Que Cangas se convirtira nun referente en benestar e pleno emprego. Que calase na veciñanza de Cangas a nova idea de Vivendas de Convivencia para que os nosos maiores non teñamos que metelos nas residencias que a Xunta planifica que máis que residencia parecen loqueros. Eu quero que a miña xente tras toda una vida de traballo poidan acceder a una vivenda cómoda con apoio pero que poidan seguir paseando polo seu pobo, coa súa xente.
Eu quero vivir rodeada dos meus ata que me vaia pero sen supoñerlles unha carga , e iso só se consegue si loito por ter una pensión digna que coa colaboración social e vivendas adaptadas a miña situación, pois o que quero para min o quero para a miña xente.
Que tedes pensado para a mocidade de Cangas?
É un deses proxectos que mais ilusión me fai, primeiro loitaremos pola recuperación das Naves de Ojea , naves nas cales temos proxectado ese lugar exclusivamente para a mocidade.
Cangas foi un referente na movida, na cultura e todo elo promovido e encamiñado da mocidade e todo ese poder de creación expulsouse da vila, nós queremos recuperalo por eso o centro sociocultural, coa vocación de apoiar os procesos de construcción da cultura e expresión artística, escénicas , cine , música, una radio que Cangas non ten, espertar o interese pola cultura entre a mocidade e xerar novos públicos para a arte, ser un espazo para o encontro crítico da mocidade… creo que neste espazo poden nacer novos referentes e debemos proporcionarlles os medios para elo.
Tras as eleccións, sería posible un pacto con outras forzas do Concello?
Como xa indiquei, impliqueime neste proxecto porque estamos decididos a facer cambios polo que a nosa man está tendida para alcanzar o mellor acordo posible para a gobernabilidade do concello, e sempre que non sexan contrarios os nosos principios.
E por último, Victoria Portas vai deixar de ser activista?
Nunca, eu son activista e sindicalista, é o meu ADN, a primeira manifestación e acto de acción social que eu recordo participar foi no 84-86 que foi a loita dos país da miña parroquia natal Marcón (Pontevedra) por una escola pública e tras meses de manifestaciáons e de durmir nunha caseta nos terreos onde querían a escola conseguiron que se construira , nese intre dinme conta que os dereitos consiguense loitando e non deixando que te pisoteen, os movementos sociais son uns axentes socio-políticos necesarios e imprescindibles.
Sego participando neles e así o seguirei facendo, si a veciñanza de Cangas confía en mín e no noso proxecto os movementos sociais Terán o meu apoio o 100% tanto no Concello como na rúa como ante as demáis institucións, ou camiñarei o seu carón como o fixen durante toda a miña vida.
O meu espazo natural é a loita na rúa e hoxe dín o paso para intentar levar a miña ideoloxía o Concello de Cangas, defendo una vila da xente e para a xente.