A Plataforma en Defensa do monte As Salgueiras califica de «migallas» o que obtén o concello en comparación co desmesurado beneficio económico que está a recoller o xigante portugués no proxecto de O Roncudo.

A asociación vecinal considera que os convenios de Lois García Carballido con EDP Renovables «son publicidade casi gratuita para a empresa» cando como alcalde e presidente da Fundación Eduardo Pondal «debería estar a carón da veciñanza que reclama os seus dereitos e a defensa do interés público».
Neste senso, o colectivo denuncia que cando en reiteradas ocasións Carballido presumiu públicamente dos convenios asinados coa multinacional xa se advertiu que EDP estaba a utilizalo «para blanquear a actividade eólica da empresa a cambio de migallas económicas» en relación co millonario rendimento económico obtido pola empresa, pois as axudas do convenio -240.000 euros en catro anos-, non chegan a ser nin o 2% da facturación estimada da empresa no proxecto de Corme.
A entidade califica de «migallas» os cartos aportados por EDP, pois na práctica de cada cen euros que a empresa ingresa a base de explotar os recursos naturais do concello «só deixa un e medio» a través dunha campaña de lavado de imaxe «cando ademáis aforrarase máis de 300.000 euros do canon eólico pola repotenciación».
«Se iso xa era intolerable no pasado, a recente sentenza do Tribunal Superio de Xustiza de Galicia, que anula a autorización da Xunta para a repotenciación do parque eólico de Corme aínda é máis inaceptable a día de hoxe xa que ven de ratificar que se pasou por riba dos dereitos á participación pública da veciñanza» -rematan dende o grupo-.
Relacionado en contrainformacion.es: