Categorías: Uncategorized

Esquerda Unida apoia e chama a participación nas mobilizacións en Vigo e Compostela a favor do aborto legal en Arxentina

Esquerda Unida sumarase á concentración a favor do aborto legal en Arxentina, que terá lugar este mércores 8 de agosto diante das embaixadas arxentinas por todo o mundo. En Galicia, as manifestacións serán ás 20 horas en Vigo (diante do Consulado Arxentino, na Rúa Príncipe) e Compostela (Praza do Obradoiro). Estas mobilizacións buscan pular pola despenalización do aborto no país.

Paralelamente, tamen hai campañas moi activas en redes sociais, en páxinas como “Campaña Nacional por el Derecho al Aborto Legal, Seguro y Gratuito” que buscan a despenalización do aborto en diferentes países.

Este mércores o senado de Arxentina votará (favorablemente ou non) un proxecto de lei sobre a despenalización do aborto. A interrupción voluntaria do embarazo é ilegal en Arxentina desde 1886. En 1921 permitiuse o aborto en dous supostos: cando está en perigo a vida ou a saúde da muller e cando o embarazo é produto dunha “violación ou atentado ao pudor contra unha muller idiota ou demente”. Pasaría case outro século (2012) para que se agregase outra causa non punible de aborto: o embarazo causado por unha violación. De saír adiante este proxecto de lei, Arxentina uniríase a Uruguai ou México, onde a práctica xa é legal.

Galiza

Somos a sección galega de Contrainformación.es. Actualidade, ecoloxía e opinión sobre a nosa terra.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

2 meses hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

2 meses hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

2 meses hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

2 meses hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

2 meses hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

2 meses hace