A área de Muller de Esquerda Unida volve amosar o seu apoio a Juana Rivas ante unha xustiza patriarcal que acaba de condenala a cinco anos de prisión e seis de inhabilitación para exercer a patria potestade por intentar protexer aos fillos, menores, dun pai maltratador; co que agora semella que terán que vivir seis anos.

O de Juana Rivas non é un caso illado. Moitas mulleres optan por incumprir o réxime de visitas pola seguridade das súas fillas ou fillos e acaban sendo condenadas, tal e como acaba de acontecer hoxe, un feito inconcibible nun estado de dereito que di “protexer aos menores”.

Rivas incumpriu en agosto do ano pasado a orde de entregar aos seus fillos ao pai, por medo a que os menores sufriran algún dano, polo que foi condenada por unha xustiza patriarcal profundamente inxusta.

Dende Esquerda Unida reiteran “o noso rexeitamento á violencia institucional que se exerce contra as mulleres a través dos recortes orzamentarios ou da falta de compromiso político do Goberno, tanto central como galego, coa loita contra a violencia de xénero, para a que non hai recursos suficientes“.

Deja un comentario