Categorías: Uncategorized

Esquerda Unida denuncia que a Xunta de Galicia segue a suspender na planificación e prevención de lumes

Esquerda Unida demanda un ano máis a implicación da Xunta de Galicia en labores precisas e efectivas de extinción de lumes, así como a prevención dos mesmos, tendo moi presente a vaga de lumes do pasado ano. Se ben o Goberno galego aprobou fai tres meses o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), este documento deixa ver que “o dispositivo” que prepara o Goberno Galego será moi similar ao de 2017 e o persoal contratado será exactamente o mesmo.

Segundo explica Guillermo Crego, responsable de Estratexias para o Conflito de Esquerda Unida, “os montes arden por múltiples motivos, pero algúns poden evitarse. Entre estes, destaca especialmente a ineficacia da Xunta de Galicia, que inverte o groso de partida orzamentaria, ano tras ano, en medidas de extinción, en vez de gastalo en medidas de prevención”. Neste punto tamén fai fincapé o  informe de Greenpeace “Protexe o bosque, protexe a túa casa”, onde Galicia suspende en “planificación” e “prevención” de lumes, aínda sendo unha comunidade asolagada por incendios forestais.

Outro dos problemas graves é a precariedade que sofre o sector, “este déficit de recursos implica termos medios técnicos limitados e insuficientes das unidades de acción directa contra o lume”, sinala Guillermo Crego. Rematar coa precariedade no sector e establecer un modelo público e único é fundamental na prevención dos lumes. Non entanto, “en vez de aumentar o cadro de persoal brigadista, a Xunta pretende incrementar a carga horaria (ata 12 horas de traballo) e recortar os seus dereitos, cando hai que facer xusto o contrario: mellorar as precarias condicións de traballo e aumentar o persoal”. Precisamente, por esta situación de precariedade laboral que están a vivir os axentes forestais, adscritos á Consellería de Medio Rural, seguen en folga a día de hoxe, aínda que sinalaron que non deixarán de cubrir os servizos mínimos para afrontar a vaga de calor cun 100% de efectivos.

Esquerda Unida ve preciso «transformar as actuais políticas de protección do territorio, de prevención e extinción de lumes, para avanzarmos cara a unha política pública de prevención, protección e conservación do monte galego integral e global, como parte fundamental do noso territorio«.

A formación denuncia de novo «a errática política do PP en materia de lumes e vemos imprescindible traballar nunha Estratexia Integrada da Loita contra o Lume, que abranga nun Plan máis completo e baseado en máis prevención, políticas de xestión que eviten o abandono do monte e dispositivos máis amplos para evitar que se produzan lumes de gran envergadura, así como impulsar medidas de política forestal e progresiva redución de especies pirófitas como os eucaliptos, de protección do noso territorio e conservación do monte galego, en serio perigo por intereses económicos«.

 

Galiza

Somos a sección galega de Contrainformación.es. Actualidade, ecoloxía e opinión sobre a nosa terra.

Ver comentarios

  • Os eucaliptos e os pinos non son causantes dos lumes, de feito son mais prevención que problema. Hai que incidir mais na limpeza dos montes e menos nas especies de árboles, cousa que non ten tanta importancia en canto ó lume.
    Imaxe pésima da administración e dos seus traballadores, a Administración incumple reiteradamente a lei contra incendios, a pesar de andar amenazando e amedrentando ós propietarios forestais; e mentras tanto, os seus traballadores contra incendios fan unha folga no medio do verán, dando unha pésima imaxe de chantaxistas.
    En realidade o que queren é botar ós propietarios do monte para crear grandes latifundios, despois, cando haiba gardas de seguridade coma en Andalucía, moita xente vai deixar de pasear polo monte: se acabarán as manias sobre o que se pranta ou deixa de prantar.

Entradas recientes

Una investigación expone cómo Trump usará todos sus recursos para manipular los resultados de las elecciones

Una investigación revela presiones federales, acceso a datos sensibles y sospechas de exclusión masiva de…

2 semanas hace

Guerra civil: Silicon Valley se rompe por la IA militar mientras el Pentágono aprieta el acelerador

Ingenieros, directivos y empresas chocan por los límites éticos de una tecnología que ya marca…

2 semanas hace

NACIONAL | Alaska, Eurovisión y propaganda: por qué España ha hecho lo correcto al marcharse

No es un festival de música cuando se normaliza la guerra: es un escaparate blanqueado…

2 semanas hace

NACIONAL | ¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica su futuro judicial

¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica…

2 semanas hace

España exige a Israel la liberación inmediata del activista hispano-palestino Saif Abukeshek

La detención del activista en aguas internacionales convierte la ayuda humanitaria a Gaza en un…

2 semanas hace

NACIONAL | Pujol: la justicia que llega tarde y se va antes

Doce años de investigación terminan sin juicio y con demasiadas preguntas sin responder Ni absolución…

2 semanas hace