Encontro, actualidade de Galicia

Esquerda Unida esixe medidas contundentes para a suspensión das revalidas por ser «antipedagóxicas e supoñer unha fonte de estrés para o alumnado«, tal e como criticou en máis dunha ocasión. Un argumento compartido tamén pola comunidade educativa, que vén de manifestarse en contra das reválidas de 3º de Primaria, que continúan a celebrarse hoxe xoves.

O rexeitamento a estas probas segue por cuarto ano consecutivo, polo que dende Esquerda Unida chaman a que o Goberno as elimine, xa que «no proceso subxace na desconfianza da labor docente e está impregnado pola hexemonía da ideoloxía neoliberal, onde todo debe ser cuantificado, medible, catalogado e ser rendible«.

«As reválidas tampouco se adaptan ao alumnado con necesidades educativas especiais ou con altas capacidades e acaba por ser sometido á forza aos indicadores de calidade resultante das probas, co que, no fondo, cando se vive nunha estreita competencia coa privada-concertada, o que se pretende é incidir na degradación da pública na inevitable comparación sesgada que terá lugar entre centros públicos e centros privados«, indican desde Esqueda Unida.

Esquerda Unida rexeita de novo as reválidas e chama a non ceder máis terreo á LOMCE e á ideoloxía neoliberal na escola. «Cómpre derrogar a LOMCE e anular así a existencia destas avaliacións externas, que só queren converter ao alumnado nunha categoría medible a expensas dos desexos da estratexia neoliberal e do seu proxecto de sociedade«, sentenza o partido.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario