Dende Esquerda Unida, manifestamos a nosa repulsa e condena ao asasinato machista que tivo lugar en Cabana de Bergantiños.

A lacra do machismo precisa de medidas reais que poñan solución a unha situación que a diario está a ser denunciada por mulleres que a sofren. Non é posible soportar un asasinato máis. Son 3 os feminicidios íntimos que tiveron lugar en Galicia no que vai de ano. A alerta vermella hai tempo que está activa e precisamos con urxencia políticas reais e efectivas para erradicar o machismo, en todas as súas facetas, das nosas vidas.

Dende Esquerda Unida, sumámonos e chamamos á participación nas mobilizacións previstas dende os colectivos feministas.

Deja un comentario