Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización feminista galega que terá lugar este domingo en Lugo

0
32

Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización feminista galega que terá lugar este domingo 3 de marzo en Lugo coa fin de difundir e dar a coñecer a vindeira folga Feminista (de coidados, laboral, educación e de consumo) convocada para o venres 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. A mobilización sairá da Porta Falsa ás 12 horas e rematará na Horta do Seminario coa lectura dun manifesto.

Dende Esquerda Unida denunciamos que as mulleres sufrimos unha desigualdade e discriminacións en canto a dereitos básicos se refire, como a precariedade laboral e fenda salarial… polo que cremos que é importante difundir e animar ás mulleres a que secunden esta mobilización e posterior folga do 8M.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, así como a executiva nacional de Esquerda Unida, participará na mobilización.


Mobilización Feminista Galega, en Lugo

Data: Domingo, 3 de marzo.

Lugar: Porta Falsa.

Hora: Ás 12 horas.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta