Redacción Galiza | Amigos da Terra

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta ten previsto continuar coas accións de rexeneración de zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que xa iniciaron no pasado mes de novembro. O continxente voluntario estará formado por un total aproximado de 20 participantes, procedentes das 4 provincias galegas aínda que a maioría son de Ourense, que se anotaron a través da web de Amigos da Terra e aos que hai que sumar unha decena de veciñas e veciños das aldeas da zona, convocados por Vergasta.

Actuacións progresivas e planificadas

Esta será a septima actuación que se fai na zona impulsada polo voluntariado forestal que coordina Amigos da Terra en coordinación coa Comunidade de Montes de Tourón dende os grandes incendios do outono pasado que devastaron a zona. As tres primeiras actuación consistiron en distribuír palla e crear barreiras que minimizaran os efectos de erosión e arrastre das cinzas e a terra. A de mañá será a cuarta plantación que se fará exclusivamente con árbores frondosas autóctonas na que se pretenden colocar 1.000 novas plantas aproximadamente que se sumarán as aproximadamente 3.000 instaladas nas anteriores accións.

Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscase a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.

Os traballos extenderanse entre as 11.00 e as 15:00 h aproximadamente.

Hora chegada: 11:00 h
Punto de encontro: Tourón -Melón * (coordenadas no enlace)

Deja un comentario