Categorías: Uncategorized

Eu tamén podo facer Galiza

Iria Bouzas

Chámome Iria Bouzas, son de Vigo pero obrigada pola necesidade, fai 14 anos que vivo en Madrid.

Levo toda a vida tentando defender o galego e con él, defender Galiza que é unha das cousas que máis quero na vida. Desgraciadamente levo toda a vida a facer esa defensa en perfecto español.

Teño a inmensa sorte de estar rodeada de xente que, inda que as veces teñan que ter moitísima paciencia coa vea terca que herdei do meu avó, adican parte do seu tempo a facerme pensar.

Dándolle voltas á cabeza cheguei a unha conclusión que non me deixou nada contenta con min mesma: ¡Son unha hipócrita!

Levo anos poñendo a escusa da distancia para non facer nación da única forma que eu podo facela, escribindo en galego.

Galiza leva séculos agonizante. A nosa Terra, o noso país está a morrer, e moitos de nós miramos para ela pedíndolle que resista sen facer nada por darlle osíxeno.

Vivir fora da Galiza nunca foi impedimento para ningún galego para poder seguir facendo país. Os emigrantes mantiveron os nosos costumes, a nosa lingua e a nosa cultura vivos, simplemente vivindo aferrados a eles.

O pai do galeguismo, Castelao, transformou a súa dor por estar lonxe da súa patria no noso combustible para loitar por ela.

E eu, Iria Bouzas unha galega de Vigo que vive físcamente lonxe pero co corazón posto na nosa casa, non quero seguir sendo unha hipócrita.

Ben sei que non vou escribir obras mestras en galego, terei que loitar en cada palabra que escriba contra o esquecemento e mesmo vou ter que quitarlle o po os meus libros de gramática e darlles un bo repaso.

As editoriais de libros en galego xa me teñen como clienta pero agora van verme casi como a unha amiga. Teño o propósito de ler en galego ate que o erguerme polas mañás o meu primer pensamento sexa na miña lingua nai.

Sei que vou ter que apretar as mans ao decatarme de que publico algunhas cousas con algunhas faltas de ortografía e que terei que tomar un Almax cando lle dea algunha patada a nosa gramática.

Pero vou avisando de que non penso pedir perdón. Tentarei mellorar con todalas miñas forzas pero vou publicar todo o que me deixen no idioma no que choro, o galego.

Pódenme criticar. A partir de agora, cando escriba en galego non estarei a facer xornalismo. Tampouco estarei a facer literatura. Estarei ocupada facendo algo moito máis importante,

¡Dende agora, eu Iria Bouzas, estou a facer Galiza!

¿Axudádesme?

 

 

 

Iria Bouzas

Gallega sobre todas las cosas. Directora comercial. Escribo en Diario SXXI, Papel de Periódico y Contrainformación.

Ver comentarios

  • Bravo, Iria. Isa é a actitude que contrarresta o odio que destilan xentes e organizacións ultras coma Galicia Bilingüe. Xente coma tí é que fai falla para poder manter a nosa Cultura, qué tanto como decir potenciar a Cultura en xeral.
    Unha aperta

  • Está ben que chores en galego, o mellor idioma para os sentimentos, pero non esquezas rir, que se é bo para chorar, aínda é moito mellor para rir.

    Noraboa Iria.

  • parabéns iria, aqui um livro de gramatica moi bem feito, altamente recomendável, apesar do titulo,

    Pra mim o melhor livro para aprendermos galego oficial e usá-lo da melhor maneira:

    "como ser reintegracionista sen que a familia saiba"
    Autor: eduardo s. maragoto.

    Se n encontrares nas livrarias ou distribuidoras podes pedir-lho ao autor diretamente porque seica a editorial "o cumio" pechou

Entradas recientes

A por Colombia y México: Trump vuelve a señalar a América Latina con la amenaza militar como método

El presidente de Estados Unidos recupera el lenguaje de la intervención armada y la coerción…

2 semanas hace

Dinamarca convierte el asilo en castigo

Cuando un Gobierno presume de cifras mientras normaliza la exclusión, el problema ya no es…

2 semanas hace

NACIONAL | Ribera Salud y el precio del silencio: cuatro despidos para proteger un negocio que juega con la salud pública

Cuatro directivos alertaron de una “vulneración de derechos” y la respuesta fue el despido fulminante.…

2 semanas hace

La caída de Sarkozy aún puede ser más profunda

El expresidente francés vuelve al centro del escándalo judicial mientras el relato de la impunidad…

2 semanas hace

NACIONAL | El médico denunciado por abusos vuelve a la sanidad pública gallega y el Sergas mira hacia otro lado

Un regreso que abre heridas y desvela un sistema que protege más al acusado que…

2 semanas hace

NACIONAL | A Feijóo se le pone cara de Casado

En el PP todo el mundo sabe qué ocurre cuando alguien cuestiona el poder sanitario…

2 semanas hace