Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, estivo apoiando á candidatura de Marea de Marín. “É imprescindible que o Concello saia da parálise na que está instalado. A pesar de ter unha maioría nun concello que asegura que é ‘de esquerda’, a verdade é que non se fixo nada para veciñanza. Non temos proxecto de PXOM, necesario para planificar o entorno e a necesidade de ter unha vivenda pública, necesidades para un pequeno comercio que está a pechar ou nada no relativo á cultura”, sinalou Eva na rolda de prensa desta mañá en Marín.

É por estas deficiencias presentes que entendemos que “é imprescindible para este día 26 de maio votar a unha candidatura, como Marea de Marín, que si que sabe o que precisa a veciñanza”, resaltou Eva Solla.

Pola súa banda, a cabeza de lista de Marea de Marín, Aarón Franco, resaltou que  “a colaboración con Eva Solla foi fundamental e constante para defender os servizos sanitarios a través de iniciativas que partían da Marea de Marín e se achegaban ao Parlamento, que tiñan que ver coa falta de reposición das baixas en atención primaria, a inexistencia de prazas de fisioterapia que non se dan cuberto aínda estando orzamentadas, a instalación de radioloxía tan prometida no centro de saúde ou a recuperación da ambulancia 24 horas”, dixo Aaron Franco, que agradeceu o apoio a Esquerda Unida e as ganas de traballar xuntas para colaborar nos vindeiros anos “exercendo á rebeldía”.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario