Esquerda Unida súmase ás convocatorias galegas da mobilización do 1 de Maio co motivo do Día da Clase Traballadora. Dende Esquerda Unida seguimos denunciando o mantemento da precariedade laboral e a cronicidade da pobreza nunha Galicia que segue a retroceder en dereitos laborais grazas ás políticas de emprego de Feijóo, baseadas nun modelo no que imperan os contratos temporais carentes de dereitos ou a demolición do sistema público de pensións, é dicir, un recorte continuo de dereitos que afectan e precarizan á clase traballadora.

Por todo isto, dende Esquerda Unida chamamos á cidadanía galega a participar nestas mobilizacións nas que tamén estarán presentes os membros da dirección de Esquerda Unida.A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, e o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, acudirán á mobilización de Vigo.

 

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e o secretario de Organización de Esquerda Unida participan na mobilización de Vigo:

Hora: 11.30 horas.

Data: Mércores, 1 de Maio.

Lugar: Vía Norte con Urzáiz (Vigo).