Redacción Galiza | Esquerda Unida

Esquerda Unida súmase ás convocatorias da mobilización do 1 de Maio co motivo do Día da Clase Traballadora. Dende Esquerda Unida seguimos denunciando o mantemento da precariedade laboral e a cronicidade da pobreza nunha Galicia que segue a retroceder en dereitos laborais grazas ás políticas de emprego de Feijóo, baseadas nun modelo no que imperan os contratos temporais carentes de dereitos, a demolición do sistema público de pensións, a aplicación dunha lei de Saúde rexeitada socialmente… é dicir, un recorte continuo de dereitos que afectan e precarizan á clase traballadora.

Este primeiro de maio ten que ter punto de partida dunha correspondencia entre a esquerda política e social e o clamor popular na rúa, da mobilización e a corresponsabilidade nos centros de traballo, nas escolas e nos parlamentos e  concellos con ese mandato cidadá de cambio e unidade.

Por todo isto, dende Esquerda Unida chamamos á cidadanía galega a participar nestas mobilizacións nas que tamén estarán presentes os membros da dirección de Esquerda Unida. A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, e o secretario de Organización, Rubén Pérez, acudirán á mobilización de Vigo.

 

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e o secretario de Organización de Esquerda Unida participan na mobilización de Vigo:

 

Hora: A partir das 11.30 horas.

Data: Martes, 1 de maio.

Lugar: Vía Norte (Vigo).

 

Deja un comentario