Redacción Galiza
Hoxe 14 de abril, en conmemoración da proclamación da Segunda República, Esquerda Unida sumouse ás mobilizacións cívicas convocadas polo colectivos republicanos por todo o país. A nosa Coordinadora Nacional, Eva Solla participou na manifestación que tivo lugar en Vigo.
Dende Esquerda Unida consideramos que é preciso sinalar e denunciar a incompatibilidade deste sistema actual coa sustentabilidade medioambiental do planeta, coa falta de dereitos que están a padecer as mulleres e cunha situación a nivel social marcada pola “lei mordaza” e demais normas, cada vez se parece menos a unha democracia avanzada.
“A República representa un modelo de estado que supón o amparo de todos os dereitos sociais e civís que hoxe defendemos con outros colectivos e organizacións de homes e mulleres de esquerda que defendemos o modelo dun estado moderno, feminista, socialista que defenda os dereitos sociais e o reparto da riqueza” di Eva Solla.
“Hoxe máis que nunca é necesario construír, neste sentido as bases e o marco do proceso constituínte para unha República que ampare a paz e a palabra como método de resolución dos conflitos xusto no día que vemos que Estados Unidos e os seus adláteresvolven bombardear país soberano” -manifesta Solla- como é Siria.
Dende Esquerda Unida queremos tamén manifestar neste día 14 de abril, a repulsa ante estes ataques, así como facemos unha chamada á paz como método para a resolución de conflitos.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…