Esquerda Unida Cambre organiza mañá mércores 10 de abril ás 20 horas unha asemblea local na súa sede de Cambre para definir a súa estratexia de cara as vindeiras Eleccións Municipais, así como a cabeza de cartel.

Este acto contará coa participación da coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, que estará xunto a Olga Santos, concelleira de Esquerda Unida en Cambre e voceira da Asamblea Cidadá.

 

 

Asemblea local de Cambre de cara ás Eleccións Municipais

 

 

Hora: 20 horas.

Data: Mércores, 10 de abril.

Lugar: Constitución, 3, bajo. El Temple (Cambre).