A Consellería do Medio Rural informou da extinción do incendio forestal que afectaba desde a noite deste sábado ao Parque Natural do Xurés e que queimou case 25 hectáreas.
O lume iniciouse pasadas as 21,00 horas do sábado no municipio ourensán de Lobeira, concretamente na parroquia de Parada.
O incendio quedou totalmente extinguido sobre as 20,35 horas do domingo, tras calcinar 24,5 hectáreas, das que 18 son de arborado, e afectar a terreos do Parque Natural do Xurés.
Nos labores de extinción deste lume participaron un técnico, cinco axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, unha pa e un helicóptero.