A Asociación FISA Boa Vida, que se desenvolve en Pontedeva e Padrenda, mándanos unha gota de alegría neste punto do confinamento. Un proxecto, nas suas propias palabras, no que seguen «acompañando á comunidade, especialmente a quen máis o necesita, polo que continuamos estamos preto das persoas maiores que viven soas e/ou que necesitan apoio e escoita, así como a todos os axentes sociais que continúan traballando neste momento».
A asociación habilita o teléfono 604 23 72 44 onde calquera persoa da zona pode chamar para compartir, falar, resolver dúbidas sobre axudas ou calquera outra cuestión.
Á súa vez, mantense o traballo co grupo de mozas e mozos Compartimos Lecer, buscando novas opcións para intereactuar a través de aplicacións, así como impulsando diferentes actividades e propostas comunitarias.
«Dende o noso proxecto comunitario no rural, lanzamos este traballo no que parte das nosas veciñas e os nosos veciños involucráronse para enviar unha mensaxe de luz ante este momento que estamos a vivir», indican desde a asociación,
«Nós desfrutámolo, esperamos que vós tamén», sinalan.