O pasado 30 de Xaneiro Ferrol en Común celebrou a sua Asamblea Ordinaria de Xaneiro. Nela aprobouse o Regulamento Primarias 2019 e o calendario para estos meses cara as municipais de maio.

Pechado xa o censo de votación, non así de inscripción que permanece aberto, abrirase prazo de presentación de candidaturas entre días 11 e 15 de marzo para unhas primarias que se celebrarán en urna o 22 e 23 de marzo.

Vídeo Recomendado:

O propósito das primarias é que a candidatura resultante represente todas as sensibilidades que integran Ferrol en Común e, ademáis, conforme unha equipa de traballo que encare o desafío de gobernar en Ferrol os vindeiros catro anos coa mesma forza e ilusión que ata agora.

«Mentres outros xa comenzaron a súa campaña ás municipais e danse paseos buscando a fochanca maldita, nos consideramos un paso importante ter uns cimentos fortes baseados no diálogo democrático interno do que xurda unha equipa colaborativa e forte co mellor dos programas para Ferrol«, comentan desde o partido.

«Porque nos si amamos Ferrol , a nosa será a campaña de #AmoFerrol #InLoveFerrol. Cara o Horizonte 2019, imos con todo!«, sentenzan desde a formación.