O novo texto do convenio coñecido onte mellora un par de aspectos, pero isto non cambia o substancial: segue a ser un convenio de recortes (condicións distintas para os novos ingresos e os TS, desaparición de dereitos tan importantes como as asimilacións, etc.)
Pero sobre todo segue a ser un convenio onde aspectos tan decisivos como a estrutura salarial, a clasificación profesional, o encadramento en ambas dos traballadores, os novos criterios dos ascensos, o futuro dos conceptos sociais ou a unificación dos conceptos salariais fixos e variables segue sen estar definida, a expensas de comisións que, por moito que algúns digan que se non se chega a un acordo nelas seguiremos co XXI Convenio, o texto do convenio único pon moi clariño que as discrepancias se resolverán na Comisión Mixta Paritaria.
Tamén o plan foi modificado onte. Agora di que as condicións dos que cumpran 65 o ano que vén se definirán no prazo dun mes, pero o certo é que seguen sen estar definidas, segue a ser un cheque en branco. E respecto ás condicións do resto dos prexubilados, as condicións plasmadas no plan seguirán aplicándose só á Fase 1 (prexubilacións en 2019 e 2020); as da Fase 2 (2021 e 2022) se verán a mediados de 2020, con todo o que este tempo pode supoñer en cambios lexislativos derivados de cambios políticos (dos que CCOO e UGT só se acordan á hora de meter medo para asinar isto xa e de calquera maneira). Por outra banda, moitos aspectos dos novos ingresos seguen sen aclararse (agás as peores condicións laborais).
Os cambios anunciados este luns 17 son a mellor proba de que este convenio non debe asinarse: NON SE REALIZAN PORQUE OS NEGOCIADORES SINDICAIS OS VIRAN NECESARIOS, SENÓN POLO ENORME MALESTAR EXISTENTE NA NOSA FACTORÍA, que ten seriamente preocupada á empresa e motivou unha vídeo-conferencia de Fernando Ramírez exclusivamente co comité de Ferrol o venres pola tarde. Pero se o amplo rexeitamento entre os traballadores de Ferrol provoca cambios nun convenio que en teoría xa estaba cerrado, ¿QUE NON PODERÍAMOS CONSEGUIR SE NOS MOBILIZÁSEMOS PARA ESIXIR MÁIS E MELLOR EMPREGO, MENOS SUBCONTRATACIÓN, AUMENTO DE PLANTILLA, MÁIS DEREITOS PARA OS TRABALLADORES…?
Ligar plan e convenio é unha chantaxe da empresa, que pretende que os prexubilables sexan os verdugos do convenio da Bazán. Os traballadores nunca aprobamos negociar xuntos plan e convenio. Por tanto, DEBEN VOTARSE POR SEPARADO. Se o convenio e tan marabilloso como din algúns, ¿por que tanto medo a que haxa votacións separadas?
Lamentablemente, o comité está a colaborar coa empresa. Por iso negábase a convocar unha asemblea xeral. E cando os traballadores recollemos as sinaturas de máis do 40% da plantilla, a convoca, pero ¡como “Asemblea xeral informativa” cunha duración limitada a 1 hora! Despois de que as asembleas parciais durasen 3-4 horas, con múltiples versións do convenio e do plan (as últimas feitas públicas hai menos de 24 horas), pretender limitar o tempo da asemblea xeral a 60 minutos é unha completa burla ós traballadores. Unha asemblea xeral non é un trámite. Ten que servir para que os traballadores poidan expresar a súa vontade. ¡O pobo é quen máis ordena!
A asemblea é soberana. Se o plan e o convenio se deben votar de forma conxunta ou separada non o pode decidir a empresa. Temos dereito a decidilo entre todos. Que os nosos representantes nolo queiran impedir é unha actitude que viola os dereitos democráticos dos traballadores e, por tanto, só pode calificarse de antidemocrática e ditatorial. O COMITÉ DE EMPRESA ESTÁ UTILIZANDO A REPRESENTATIVIDADE OUTORGADA POLOS TRABALLADORES PARA IMPEDIR QUE SEXAN OS PROPIOS TRABALLADORES OS QUE TOMEN AS DECISIÓNS. ISTO É REALMENTE GRAVE PORQUE É UN SÍNTOMA CLARO DE TENDENCIAS AUTORITARIAS. Que cadaquén pense a que pode deberse semellante actuación.
Sección Sindical Unitaria de CGT en navantia-Ferrol
2018-12-18 CGT Cartel En defensa do convenio, en defensa da asemblea
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…