Asistimos a unha constante escalada de prezos na enerxía eléctrica. En Galicia, no ano actual, xa se supera en máis do 25% o prezo do ano 2017. Nesta realidade máis de 250.000 galegos están en situación de pobreza enerxética e soamente 2.500 familias recibiron o chamado bono eléctrico. Diante de esta situación, PP e PSOE non exhiben máis que bonitos discursos e consignas populistas, pero pouca ou nula acción real.

Diante da inminente chagada do inverno cómpre facer algunha medida de forma urxente e concreta, por iso dende Compromiso por Galicia imos dirixirnos á FEGAMP, para propoñer unha medida concreta en Galicia:

  • Solicitamos a creación dunha ordenanza  común de mínimos para os Concellos galegos, que regule o prezo dos voadiños e postes das liñas eléctricas. O recadado por este sistema se transforme nunha axuda directa as familias para investir en aforro enerxético e custes.
  • Dentro da ordenanza gravar de forma máis dura aquelas liñas de servizo para empresas produtivas cuxa razón social estea fora de Galicia, como incentivo para o asentamento real das nosas empresas.

Galicia é unha produtora de primeiro nivel de enerxía, non é lóxico que sexamos os que máis paguen pola enerxía diante da pasividade de gobernos de PP e PSOE nas administracións competentes. Dende CxG practicamos a política pro positiva, temos un compromiso coa defensa do que é noso.

DEJA UNA RESPUESTA