Redacción Galiza

Fernando Suanzes, fiscal superior de Galiza, afirmou onte que non pode afirmar que os incendios que no pasado mes de outubro asolaron a geografía galega “obedezan a unha iniciativa criminal complexa de grupos de persoas u organizacións que actúen de forma coordinada o planificada e que persegan obxetivos supraindividuais”.

Na súa intervención perante a comisión do Parlamento Galego que investiga as medidas necesarias para impedir que se repita esta catástrofe, Suanzes explicou que entre o 67% e o 87,7% dos lumes teñen indicios de intencionalidade e que dos 31 sospeitosos só 14 deles presentan actitudes pirómanas.

Lembremos en menos de 15 días chegaron a contabilizarse 342 incendios que queimaron máis de 47.000 hectáreas de terreo.

O fiscal referiuse tamén o termo acuñado coma “terrorismo incendiario” do que especificou que se ben tivo un uso común nos medios de comunicación, non é posible usalo dende un punto de vista estrictamente xurídico.

Deja un comentario