Redacción Galiza

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a vicevoceira da coordinadora de En Marea, Ana Seijas, sumáronse esta mañá a mobilización convocada polas traballadoras e traballadores da Xustiza de Galicia en Santiago de Compostela. Villares asegurou que esta nova mobilización é un clamor cidadá para que Rueda e o goberno de Núñez Feijóo reflexionen.

O voceiro de En Marea destacou que a situación da Xustiza galega e prodúcese por culpa da irresponsabilidade dos mandatarios da Xunta de Galicia. Dous meses de folga que veñen motivados polo incumprimento por parte do Goberno galego dun mandato parlamentario unánime e claro que era atender ás reivindicacións do traballadores e traballadoras da Xustiza que inciden ademais directamente na mellora dun servizo público fundamental e esencial para á democracia como é a Xustiza.

Luís Villares referiuse ademais ao anuncio desta semana no que xuíces, xuízas e fiscais sumábanse á mobilización por unhas razóns que asegurou teñen moito que ver coas peticións dos traballadores e traballadoras como son a mellora das condicións laborais e materiais de traballo e a garantía da independencia xudicial. “Todo isto está posto en xogo e o goberno ten que ser responsable. O goberno de Núñez Feijóo está a ser un irresponsable porque está a causar moito sufrimento ao conxunto da sociedade ao provocar retrasos de máis de 17.000 xuízos e que o conxunto da Administración non funcione” denunciou.

“Chamamos á Rueda a que se aveña de xeito inmediato aos acordos aprobados unanimemente polo Parlamento e poña fin a esta sen razón. Os traballadores e traballadoras teñen a razón e o propio Parlamento de Galicia así o expresou” esixíu o voceiro de En Marea.

Deja un comentario