Redacción

En Marea sacou adiante no Parlamento de Galicia a iniciativa pola que os todos os escolares galegos recibirán clases e charlas de concienciación durante o seu ensino obrigatorio, tal e como estaba previsto no Pladiga. Davide Rodríguez defendeu a proposta sinalando que a prevención “constitúe unha das bases fundamentais na loita contra os incendios”.

A proposta de En Marea parte da constatación de que ao longo do ano 2017 se produciu un descenso no numero de actividades formativas e divulgativas para escolares galegos arredor das actividades contraincendios. Segundo os datos do Pladiga, estas actividades non chegaron a máis de 2.000 escolares durante o ano 2016.

A proposta de En Marea pretende que a Xunta de Galicie realice charlas formativas ata chegar a 10.000 escolares e logo completar a que estas actividades de formación alcancen a todos os alumanos de ensino obrigatorio de Galicia. Deste xeito, e trala proposta de En Marea, o Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar as charlas formativas de concienciación medioambiental xa previstas no punto 6.3.2 do Pladiga para que nun prazo razonable se acade o obxectivo de que as mesmas cheguen ao 100% dos rapaces antes de que rematen a ensinanza obrigatoria

Deja un comentario