O voceiro de En Marea, Luís Villares, ofreceu unha rolda de prensa posterior á xunta de portavoces no Parlamento de Galicia para presentar os temas que o seu grupo levará ao pleno. Así En Marea pediu a comparecencia, conxuntamente co BNG, do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para que dea conta da privatización da EOXI da Coruña nun paso máis do PP na senda de facer negocio coa saúde das persoas, cun servizo público e que é incompatible co negocio das empresas que buscan lucrarse con algo esencial para todas e todos nós como é a sanidade. Por este motivo, a parte da petición de comparecencia En Marea levará ao pleno unha interpelación para que o Goberno galego dea contas ao respecto.
En segundo lugar, o grupo parlamentario presentará unha proposta en materia de corresponsabilidade despois do 8 de marzo que como destacou o voceiro de En Marea deixou unha mensaxe clara contra os teitos de cristal, a brecha salarial, a desigualdade e a violencia de xénero. Por este motivo, En Marea achegará unha proposta concreta para fomentar medidas de conciliación e corresponsabilidade parental entre homes e mulleres.
As propostas relativas á revalorización das pensións serán outros dos temas que o grupo levará ao pleno da vindeira semana. Villares reiterou o seu rexeitamento a proposta do PP do 0,25 que asegurou “é un insulto á intelixencia das persoas” e a supresión do factor de subida en relación ao IPC “un factor de empobrecemento”.
A seguridade na N-540 será outro dos temas polos que En Marea preguntará no pleno. “Está comprometida a seguridade das persoas que viaxan. Non caben escusas de que non hai orzamentos. En materia de infraestruturas deixáronse de investir 2.400 millóns de euros entre 2014 e 2017” afirmou o voceiro de En Marea.
En materia de territorio, En Marea leva unha iniciativa en materia de control de material contaminante. Neste sentido, Villares amosou o seu total rexeitamento a que a comarca de Santiago se converta nun inmenso vertedoiro da mina proxectada en Touro-O Pindo. “Coñecemos continuamente escapes que da lugar a unha situación de perigo real para a poboación, o medio ambiente e para a riqueza marisquera da ría de Arousa” salientou o voceiro de En Marea.
En terceiro lugar En Marea levará a A57 ao pleno e formará parte da pregunta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O voceiro lembrou que na Lei de estradas do Estado no seu anexo II contempla a construción dunha autovía do Atlántico entre A Coruña e Porriño que discorrerá en paralelo AP-9, algo que como asegurou Villares “non podemos permitir xa que é un absoluto absurdo e disparate”. “Vimos de ver a Rajoy visitando parte destas obras do fragmento da A57 do que “mal chaman circunvalación de Pontevedra” cando non o é tal e como aparece no anexo segundo da Lei de autoestradas non é máis que “unha infamia” que supón construír unha nova infraestrutura paralela a que xa existe na AP9. “O que temos que facer é traballar para que a AP9 sexa pública e libre de peaxe” asegurou. Neste sentido, segundo os cálculos de En Marea, o custe estimado da construción desta infraestrutura iría dos 1.200 a 1.500 millóns de euros, cantidade que daría para permitir o rescate substancial de toda a AP9 que é o que reclama En Marea desde o inicio da lexislatura.
En materia de incendios En Marea preguntará canto se gasta realmente na Operación centinela. Neste sentido Luís Villares asegurou que a contratación do exército nas labores de vixilancia é !absolutamente ineficiente” xa que os segundo datos avalados polo propio exército, deron aviso de 270 lumes na última campaña que é o que de forma ordinaria poden a facer servizo de defensa e prevención contra incendios forestais en tan só 2 días. “O monte galego non se vixía con metralletas senón con ordenación territorial, con prevención, con silvicultura e cuns profesionais formados” declarou Villares unha afirmación que asegurou ven avalada pola comparecencia aínda onte do fiscal superior de Xustiza de Galicia que negou unha vez máis a existencia de tramas incendiarias e moito menos terrorismo incendiario do que Feijóo boto man para agochar a súa propia incompetencia.
En relación á negativa do delegado da Xunta de Galicia a comparecer na comisión de Estudo dos lumes do Parlamento de Galicia, Luís Villares, alegando que so respondía ante as Cortes do Estado. Neste sentido o voceiro de En Marea apelou ao principio de colaboración, principio constitucionalizado entre administracións públicas, da lugar a que si deba comparecer. Así mesmo, explicou que tendo en conta que non estamos ante comisión de control nin investigación o normal é que comparecese na mesma cámara onde está a comparecer o resto de expertos para ver como mellorar e analizar a xestión ata este momento. “A súa conducta non exemplar xa que ten que estar ao servizo da cidadanía e do país, para iso é subdelegado en Galicia” concluíu Luís Villares.