Redacción Galiza

A visibilidade das persoas trans segue a ser tan necesaria como sempre para contribuír a superar os prexuízos e a discriminación presentes na sociedade que denegan a cada un/ha o dereito de ser quen é en total liberade e respecto e a vivir con dignidade.

Para que ningunha persoa trans máis teña que pasar polo sufrimento que levou Ekai, de 16 anos, a se quitar a vida en Euskal Herria a principios do ano, pois non son suicidios: son asasinatos sociais.

Así, seguimos a denunciar a patoloxización das persoas trans e a transmisoxinia que sofren en especial as mulleres trans e pulamos pola aprobación dunha verdadeira lei galega que vela pola proteccións dos dereitos de todo o colectivo LGBT que supere a Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia que non é máis que papel mollado.

«Rexeitamos calquera forma de transfobia e desde o Grupo de Traballo LGBTI do BNG estamos comprometidos a traballar man na man co colectivo trans e as organizacións LGBT para crearmos unha Galiza segura para todas e todos, independentemente do seu xénero ou a súa sexualidade, exixindo dereitos básicos como o dereito a ter un nome, a camiñar pola rúa sen medo, ao traballo, á vivenda, á saúde e ao benestar», indican desde BNG.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario