Categorías: Uncategorized

Gómez Reino esixe a Feijóo que exonere ás familias do pago do aluguer das vivendas de protección ata o mes de xuño

Galicia en Común-Anova Mareas trasladou esta fin de semana as propostas da coalición en materia de vivenda para que as familias galegas poidan afrontar con garantías habitacionais a crise social derivada da Covid19.

“O goberno de Núñez Feijóo non pode quedar de brazos cruzados e debe desenvolver, como fixeron tamén o goberno do Estado e os gobernos doutras comunidades autónomas, medidas que eviten que os galegos e galegas perdan a súa vivenda”, sinalou o voceiro da coalición, Antón Gómez Reino que lembrou que “hai construído un gran escudo social e medidas históricas postas en marcha polo Goberno Central que están ao dispor das autonomías. Por que Feijóo non as emprega?”.

En materia de vivenda, Galicia en Común-Anova Mareas propón unha serie de medidas para evitar que as familias galegas máis afectadas pola crise da Covid19 perdan as súas casas. “Pedímoslle ao señor Feijóo que exonere ás familias do pago de aluguer nas vivendas de Protección do IGVS ata, como mínimo, o mes de xuño”, sinalou Gómez Reino. Esta medida aplicouse en Euskadi, mentres que en Galicia tan só se anunciou unha moratoria para o mes de abril. A segunda medida propón extender o bono de aluguer ao 100%, incluíndo gastos de comunidade, para todas aquelas persoas que viran os seus ingresos reducidos un 75%.

Ademais, a coalición pídelle ao goberno galego que aplique con celeridade e coa máxima dilixencia o decreto ministerial 336/2020 do Plan Estatal de Vivenda 2018/2020 onde se inclúen medidas para vítimas de violencia machista, persoas en situación de vulnerabilidade, prohibición dos desfiuzamentos ou extensión dos contratos por seis meses. “O Ministerio fixo o seu traballo e mobilizou unha inxente cantidade de recursos que deben desenvolver as Comunidades Autónomas”, indicou Gómez Reino.

Finalmente GeC-AM propón tamén axudas directas a estudantes para o pago de alugueiro de pisos e residencias universitarias ata que dure o estado de alarma e para todas aquelas familias que perderan ata o 75% dos ingresos, así como “para o presente e o futuro, que o IGVS faga unha aposta decidida por aumentar o parque de vivenda pública”, engadiu o portavoz.

Gómez Reino recordou que “nesta crise todas as administracións teñen que poñer os seus recursos a disposición do ben común, e iso inclúe á Xunta de Galicia, sen excusas”. O portavoz de GeC-AM asegurou que “non podemos saír desta crise como o fixemos da crise de 2008, onde se emprobeceu aínda máis aos que menos teñen. Desta non se pode deixar a ninguén atrás”.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Estrategias de ahorro y negociación para liquidar deudas más rápido

Vivir con deudas puede convertirse en una carga emocional y económica difícil de sobrellevar. Muchas…

1 día hace

Adiós a las 40 horas: el modelo holandés demuestra que trabajar menos es vivir mejor

Una revolución silenciosa que empezó con las mujeres y desmontó el mito de la productividad…

6 días hace

El precio del calor: Filipinas arrasada por el supertifón Fung-wong

Cuando el mar hierve, los pueblos se hunden. Casi un millón de personas evacuadas, 220…

6 días hace

NACIONAL | La jueza reclama el ticket del parking de Vilaplana: la prueba que puede hundir judicialmente a Mazón

La investigación judicial estrecha el cerco sobre el expresident mientras el relato de una comida,…

6 días hace

NACIONAL | Operación ‘Proteger a Moreno Bonilla’: los médicos como chivo expiatorio del PP andaluz

Cuando el sistema falla, el poder busca culpables. Y casi siempre, los que curan acaban…

6 días hace

El imperio tras la puerta: de Gaza a Venezuela, el mismo verdugo

El capitalismo estadounidense no exporta democracia, sino muerte, hambre y obediencia EL IMPERIO QUE NUNCA…

6 días hace