O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, reclamou este venres á Xunta a aplicación dunha estratexia política de apoio e defensa das 80.000 familias galegas que viven do sector primario, e instou a Alberto Núñez Feijóo a protexelas da crise económica que está a provocar a emerxencia sanitaria causada polo Covid-19.
“Temos que levantar un escudo social para blindar ás máis de 44.000 galegos e galegas que viven do sector agrogandeiro e forestal e ás 35.000 familias que traballan no mar e na industria conserveira”, dixo Gómez Reino.
Entre as medidas propostas para o sector agrogandeiro figura a redacción dun plan específico de apoio económico directo para o mantemento dos postos de traballo, con liñas de crédito a interese cero durante o período de crise sanitaria.
Para o sector do mar, Galicia en Común Anova Mareas reclama, entre outras medidas, a suspensión da actividade do marisqueo a pé e a flote, co establecemento de axudas directas ás confrarías de pescadores e mariscadoras dirixidas a paliar a falta de actividade.
Gómez Reino lembrou que o sector primario representa o 5% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia, e que as crises que padecen desde hai decenios tanto a agricultura como a pesca e o marisqueo xa teñen deixado a moitos produtores ao borde da subsistencia.
Nese sentido, subliñou que as traballadoras do sector agroalimentario “están cumprindo de maneira exemplar o seu papel para que a nosa sociedade poida saír adiante nestas circunstancias, conseguindo algo tan elemental como é garantir a subministración de alimentos ao resto da cidadanía”. “Por iso temos que coidalas e asegurar que non se quedan atrás por culpa da crise”.
Vivir con deudas puede convertirse en una carga emocional y económica difícil de sobrellevar. Muchas…
Una revolución silenciosa que empezó con las mujeres y desmontó el mito de la productividad…
Cuando el mar hierve, los pueblos se hunden. Casi un millón de personas evacuadas, 220…
La investigación judicial estrecha el cerco sobre el expresident mientras el relato de una comida,…
Cuando el sistema falla, el poder busca culpables. Y casi siempre, los que curan acaban…
El capitalismo estadounidense no exporta democracia, sino muerte, hambre y obediencia EL IMPERIO QUE NUNCA…