O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ven de amosar a súa preocupación ante a ausencia dun plan integral por parte da Xunta para combater os contaxios nas residencias de maiores a raíz da comparecencia da conselleira de Política Social no Parlamento de Galicia.
E é que, a pesares das preguntas do dirixente socialista sobre as contratacións que se fixeron para dotar de máis persoal ás residencias, sobre o funcionamento dos protocolos ou sobre a dotación de material, a resposta da conselleira foi insuficiente. Tampouco foi quen o vicepresidente da Xunta de aclarar se hai máis persoal sanitario para afrontar a loita contra o coronavirus.
Nese escenario, Gonzalo Caballero incidiu na necesidade dun “plan urxente” que implique “máis persoal, máis material e máis infraestruturas” nos eidos sanitario e social. “Fortalecer os servizos públicos é a nosa bandeira constante”, recordou, e pediu á Xunta destinar “todos os recursos” fronte ao Covid-19.
“Hai que fortalecer a sanidade pública e os servizos sociais”, recalcou o líder do PSdeG, quen garantiu a “lealdade” dos socialistas galegos tanto coa Xunta como co goberno de España porque “a nosa contribución é a favor de Galicia”. “Haberá tempo”, engadiu, para analizar en que condicións afronta Galicia esta crise e para evidenciar que a “anticipación” que trata de destacar a Xunta non é tal.
Proba diso, afondou Gonzalo Caballero, é a situación das residencias de maiores, con varios centos de contaxios que xa desbordan as previsións da Xunta. “É evidente que algo fallou, á vista dos casos de contaxio masivo e de que as dúas residencias integradas que preveu inicialmente a Xunta xa son insuficientes”, apostilou.
Nesa liña, o máximo dirixente do PSdeG subliñou que as residencias son “o maior punto de preocupación”, tanto pola situación que atravesan os internos como polo que pode supoñer de colapso para o sistema sanitario. “Xa van máis de 400 contaxios”, apuntou, polo que chamou a incrementar o persoal, a dotalo da protección axeitada e a garantir o funcionamento dos protocolos.
“Hai que revisar o sistema”, defendeu Gonzalo Caballero, partidario de “incrementar as prazas públicas e de frear a precarización do persoal” das residencias. Ademais, reclamou “transparencia” nos datos, que se facilite información aos familiares dos usuarios dos centros e que se separe aos contaxiados dos que non o están.
“COOPERACIÓN”
Así as cousas, Gonzalo Caballero pediu á Xunta “cooperación” co goberno de España porque “en momentos de tormenta non se pode desestabilizar ao patrón do barco”. Así o dixo ante a decisión do goberno de España de paralizar a actividade económica non esencial porque “o prioritario é a saúde”.
Tamén requiriu á Xunta “cooperación” cos concellos, que están cubrindo “necesidades sociais” ás que a administración autonómica non chega. Nese punto, sinalou que hai concellos que recibiron material da Xunta que levaba caducado dende 2014. “O PP faría un ataque furibundo contra o goberno de España se fora cousa súa”, observou.
Gonzalo Caballero iniciou a súa intervención na Cámara este venres 3 de abril cunha mensaxe de “apoio” e “agarimo” a todas as persoas que perderon un ser querido a causa do coronavirus, e trasladou “ánimo” ás 125.000 persoas maiores que viven soas en Galicia e ao resto das familias que están no confinamento. Ademais, agradeceu a quen seguen traballando, especialmente ao persoal sanitario e de servizos sociais.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…