Para o portavoz nacional da Irmandade Nacionalista Antón Sánchez no proxecto de EDP Renovables a Xunta do PP e Feijóo aplican «a mesma sistemática de ocupar zonas que deberían estar nunha proposta de ampliación»desta rede ecolóxica europea, fomentando «o negocio duns poucos» fronte ao interese xeral da poboación galega.

Os Penedos de Pasarela e Traba son unha zona de alto valor paisaxístico e patrimonial / Salvemos os Penedos

Por este motivo, Anova esíxe ao Goberno galego que paralice a tramitación do parque eólico Monte Chan, impulsado por EDP Renovables España S.L.U. nos concellos de Vimianzo e Laxe, pola súa afección paisaxística e ambiental.

Segundo sinala a formación política este proxecto, no que se pretende ubicar un total de nove aeroxeradores de 200 metros de altura en punta, sitúase a escasa distancia das zonas protexidas ZEC Costa da Morte e ZEPA Costa da Morte Norte, afectando directamente á paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, nunha das zonas de Galiza máis destacadas polo interese xeomorfolóxico das súas formacións graníticas.

Para Anova «unha vez máis, a Xunta de Galicia permite e fomenta a práctica fraudulenta de permitir a tramitación de parques eólicos nas inmediacións de espazos da Rede Natura», mentres que dende a Unión Europea xa dende o 2004 existe unha reiterada demanda ao Goberno galego da necesidade de proceder a unha ampliación desta rede ecolóxica «dado que Galiza ten unha das porcentaxes de áreas protexidas máis baixas a nivel estatal e continental».

«Lamentablemente -indican-, a pesar de que en 2011 a Xunta iniciou o trámite cunha proposta de ampliación, non tardou en olvidala, orixinando unha situación que de maneira sistemática desprotexe espazos de gran valor natural e paisaxístico que deberían gozar de protección, práctica xa advertida na sentenza na que se anulou a autorización ambiental do parque eólico do Oribio».

«O texto do TSXG alertou, de feito, da interferencia que isto supón para a ampliación da Rede Natura negando que poida darse a situación de espazos protexidos rodeados de aeroxeradores, manifestando ademáis que vai en contra la filosofía da UE acerca da conservación deste tipo de áreas naturais» -explican dende o grupo-.

«No parque eólico Monte Chan, na paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, a Xunta de Galicia aplica a mesma sistemática de ocupar zonas que deberían estar nunha proposta de ampliación da Rede Natura, unha ampliación paralizada precisamente para favorecer a ubicación irregular de eólicos nestas zonas que deberían contar cun grao máximo de protección» -declarou Antón Sánchez, voceiro de Anova-.

Anova demanda que se protexan espazos que, coma os Penedos de Pasarela e Traba, deben preservarse para as xeracións vindeiras, motivo polo que «a Xunta de Galicia debe poñerse do lado do interese público e deixar de estar do lado do interese privado duns poucos».

Para a Irmandade Nacionalista «hai que destacar que ademáis das afeccións ambientais e paisaxísticos, o propio documento de inicio do proxecto recoñece o impacto negativo que o parque eólico suporía para a actividad turistica«, razón pola que demandan «que se faga un riguroso estudo sobre a compatibilidade dos usos xa que de maneira habitual e inexplicable na ampla maioría dos casos prevalece o uso eólico nun país como Galiza que xa en 2020 cubriu completamente a súa demanda eléctrica con renovables».

DEJA UNA RESPUESTA