Borrador automático

eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este mércores pola mañá en Monforte, repartindo información da súa campaña na rúa do Cardenal, en Monforte de Lemos, acompañada por outros membros da lista electoral.

En declaracións aos medios, Senra aproveitou para presentar as súas propostas en materia de saúde para o próximo mandato do Parlamento Europeo. A candidata defendeu que a sanidade ten que ser un servizo cen por cen público e no que se garanta unha atención de calidade. Para iso, é fundamental que os traballadores e traballadoras teñan unhas condicións laborais dignas e estables.

Senra defendeu que desde a UE se deben impulsar medidas para impedir conflitos de intereses e garantir a transparencia na Axencia Europa do Medicamento e na Axencia de Seguridade Alimentaria. Tamén reclama unha aplicación real do Principio de Precaución nas autorizacións dos pesticidas e nas substancias químicas. Ademais, considera prioritaria a prohibición do glifosato e que se efectivice a prohibición dos disruptores endocrinos en cosméticos, xoguetes e envases de alimentos antes de xuño do 2020. Que se impulsen empresas farmacéuticas públicas para garartir o acceso universal aos medicamentos, evitando que os sistemas públicos de saúde poidan ser reféns de intereses privados.

A eurodeputada e candidata tamén se reuniu a primeira hora en Monforte con membros da Plataforma en defensa do ferrocarril, para defender a necesidade de impulsar os trens de proximidade como medio de transporte público e vía para a loita contra o cambio climático e a diminución do uso do vehículo particular para o desprazamento de toda a poboación, non só da que vive nas cidades. Esta noite, Lídia Senra protagonizará un acto público electoral en Vilalba, ás 21.30 horas.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario