Lídia Senra defende un modelo forestal europeo ecolóxico que actúe contra os lumes

A candidata de En Marea-Compromiso por Europa, Lídia Senra, defendeu unha nova estratexia forestal europea que promova o bosque autóctono e actúe contra os lumes, durante o reparto de información electoral na Praza de Abastos e na feira de #Ourense, onde tamén amosou o seu pesar polo falecemento do compañeiro #AlexandreSánchezVidal.

💬 «Unha das grandes preocupacións que existe a nivel europeo, e do planeta, é o quentamento global, que ten como unha das súas consecuencias algo que coñecemos moi ben en Galicia: o aumento da frecuencia e intensidade dos lumes. Para combater isto, propoñemos un plan para crear empregos de agricultura, que favorezan o asentamento de labregos e labregas producindo alimentos no noso país en base á agroecoloxía»

 

Deja un comentario