Lídia Senra reclama unha UE na que se potencie o transporte ferroviario de cercanías 100% público
  • A eurodeputada e candidata viaxou hoxe en tren desde Monforte a Sarria e exixiu medidas europeas para reducir o uso dos vehículos privados como forma de loitar contra o cambio climático e a mellora da calidade do aire
  • Lembra que neste mandato votou na Eurocámara contra as medidas incluídas no paquete ferroviario europeo que supoñían favorecer a privatización dos servizos de trens e comprométese a seguir neste liña nos próximos 5 anos

eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Mareas:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, viaxou este luns pola mañá en tren desde Monforte de Lemos até Sarria, acompañda acompañada por outros integrantes da candidatura europea e polo candidao de En Marea Sarria á Alcaldía, Iván López.

En declaracións aos medios antes de coller o tren, Senra explicou que no seu programa electoral “propoñemos a elaboración dun plan para reducir drasticamente o uso dos coches privados, como forma de contribuír a combater o cambio climático e para defender a calidade do aire.

Nese sentido, a eurodeputada ve prioritario que dentro das medidas para limitar o uso dos vehículos privados, é necesario potenciar e promover os transportes públicos, e afondando nesa idea, “pensamos que o tren é un elemento fundamental”. “Necesitamos que se potencien os trens de cercanías, con frecuencias e paradas útiles para a maioría da poboación e para conectar as pequenas e medianas vilas, non só as grandes cidades. E por suposto, necesitamos que o ferrocarril sexa un servizo de transporte público cen por cen”, defende.

Así, facendo memoria sobre o traballo feito nestes 5 anos na Eurocámara, Senra lembrou que para defender os ferrocarriles públicos, votamos en contra do paquete ferroviario europeo, que implicaba medidas no camiño de favorecer a privatización dos servizos de transporte, e comprometeuse a seguir traballando, despois das eleccións europeas do 26 de maio, en defensa da mellora dos transportes públicos.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario