Cada vez que chove o Museo Provincial fai augas. Lugonovo denuncia que a instalación cultural padece importantes deficiencias que mesmo poden comprometer o patrimonio que alberga.
“Os corredores están cheos de cubos para recoller as continuas pingueiras que verten do teito. As goteiras son tantas que mesmo alcanzan aos mosaicos poñendo en perigo a súa conservación”, relata Victoria Esteban Riesco.
A concelleira da formación refire que as humidades son unha “constante” na maioría das estancias e “moitas paredes aparecen atravesadas por gretas dun tamaño considerable que evidencian que esta falta de atención comeza a pasar factura ao edificio”.
“Os prexuízos alcanzan mesmo á vidreira da escaleira principal. Na repisa varios panos demostran que as filtracións tamén afectan a esta peza até o punto de podrecer o marco de madeira”, advirte Esteban Riesco quen lamenta que, ata o momento, a Deputación só recorrera a solucións provisionais para atallar o problema.
“Colocar almofías ou cubrir con plásticos as obras son medidas improvisadas das que se pode botar man nun momento puntual de emerxencia, pero non pode ser a forma de afrontar anomalías graves e persistentes como estas que se repiten dende hai anos cando, coma nestas semanas, se rexistran precipitacións de certa intensidade”, sinala a edil.
Dende o Grupo Municipal instan ás administracións a actuar o máis axiña posible para corrixir as eivas detectadas. “Cómpre incrementar, dende tódolos ámbitos de tutela posible, a supervisión e a vixilancia dos nosos bens culturais e artísticos. Non pode ser que sexan os propios visitantes os primeiros sorprendidos do estado de precariedade no que se atopa unha das salas museísticas de referencia na capital; porque non só se está a reflictir unha mala imaxe da cidade senón tamén da consideración que as propias institucións teñen ao respecto do patrimonio que custodian. Dende logo, fai que se cuestione publicamente se o grao de protección que teñen é, cando menos, o convinte. O que non se pode é priorizar a ampliación de coleccións a costa de descoidar os fondos que xa se posúen”, conclúe Victoria Esteban en alusión ao investimento, superior a dous millóns de euros, realizado recentemente para adquirir os lotes de orfebrería castrexa de Álvaro Gil.
Bruselas tiene un problema con los ultraprocesados. O, más exactamente, tiene un problema con su…
Una publicación internacional recoge la propuesta nacida en España que plantea la bondad como acto…
Cuando el ruido político cruza una línea, hasta sus propios aliados religiosos empiezan a bajarse…
Frente directo contra la difamación organizada en redes La estrategia ya no es solo denunciar…
La cesión de espacios públicos y la difusión institucional de un curso sobre criptoactivos desatan…
El caso expone fallos internos, presiones y una gestión que deja en el aire la…